Xove, 14 de xaneiro de 2014.- Nove concellos da Mariña benefícianse dos apoios de Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) para proxectos que fan posible que rexistren unha importante redución dos gastos enerxéticos.
Así o expuxo este martes a delegada territorial, Raquel Arias, que incidiu no esforzo da Xunta por auxiliar a todos os concellos galegos e protexer o medio ambiente impulsando diversos programas de axuda orientados ao aforro e eficiencia enerxética, como as que promove Agader, as subvencións de Industria a través do Instituto Enerxético de Galicia ou as da Consellería de Presidencia.
Arias visitou este martes en Xove a nova instalación solar fotovoltaica de balance neto para consumo no edificio do concello, financiado con cargo ao programa de Proxectos Dinamizadores impulsado pola Consellería do Medio Rural e do Mar, a través de Agader.
Acompañada polo alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, explicou que a Xunta financia en base a este programa obras de mellora de servizos por valor de máis de 800.000 euros (807.543 euros) en nove concellos da comarca da Mariña (Alfoz, Barreiros, Burela, A Pontenova, O Vicedo, Trabada, Ribadeo, Lourenzá e Xove).
A habilitación dunha instalación solar para consumo no concello foi o proxecto promovido dende o consistorio xovense, unha actuación ambiciosa coa que se pretende complementar o abastecemento existente a través dun modelo medioambientalmente máis sostible a través de enerxías renovables.
De feito, a instalación solar realizada en Xove produciu dende o pasado mes de novembro “un volume de enerxía equivalente ao que xerarían 5,9 toneladas de petróleo, o que serve para facerse á idea do evidente aforro de emisións e de custos que supón”, significou Arias. O proxecto desenvolvido consta de 168 paneis fronius, cunha potencia de 3.080 vatios pico (potencia máxima do sistema), que nos últimos dous meses xerou algo máis de 2.500 euros de enerxía.
Neste sentido, a delegada territorial subliñou que o obxecto das achegas do programa de Proxectos Dinamizadores “é precisamente o de apoiar actuacións con fins de aforro enerxético e fomento do uso das enerxías renovables”.
De feito, os proxectos limítanse “ao uso da enerxía solar fotovoltaica ou térmica” en cubertas de instalacións municipais ou pérgolas dunha altura mínima de 2 metros con utilidade funcional a maiores da de soportar os paneis. No caso das instalacións de enerxía solar fotovoltaica poden ser illadas ou non.
A delegada territorial da Xunta subliñou que esta iniciativa reflicte o compromiso da Xunta como medio rural, “dado que a maioría dos concellos beneficiados atópanse en zonas rurais da comunidade galega, como sucede nesta comarca”.
Ao respecto, Arias gabou o importante esforzo que realiza o concello de Xove, “que está a conseguir un importante aforro en gasto enerxético aplicando medidas como a proposta de Agader, a mellora da eficiencia da iluminación pública ou a utilización de enerxías renovables na piscina, contando para todas elas co apoio da Xunta de Galicia”.
Outros proxectos
A Consellería do Medio Rural e do Mar financia tamén senllas actuacións de máis de 100.000 euros nos concellos do Vicedo e da Pontenova, en actuacións para a construcción de bancadas no campo de fútbol e instalación de placas solares e a realización dunha instalación de paneis fotovoltaicos conectados á rede da casa da cultura, respectivamente.
Así mesmo, nos concellos de Barreiros, Trabada e Lourenzá tamén se apoian distintas actuacións que superaron os 110.000 euros de investimento. Así, impúlsanse proxectos de mellora no museo e centro de interpretación da cultura dos pazos galegos (Lourenzá) e a implantación dun sistema integral permanente de formación ao cidadán sobre xeración de electricidade con enerxías renovables para autoconsumo (Barreiros e Trabada).

























Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.



