Cervo, 24 de xaneiro de 2014- O Concello de Cervo cortou este venres varias árbores da parroquia de Sargadelos que teñen provocado en numerosas ocasións danos en vehículos. Trátase de piñeiros que se atopaban situados ao carón das Carboeiras, no Conxunto Histórico Artístico.
A administración local decidiu talar as árbores por motivos de seguridade, para evitar posibles danos nas persoas ou no patrimonio, do mesmo xeito que xa ocorrera en varios coches estacionados na zona. Uns piñeiros que se atopan na marxe da estrada, nunha área moi transitada e onde adoitan aparcan os vehículos, polo que os perigos eran maiores. O problema destas árbores era que se atopaban moi debilitadas, e ao mesmo tempo, tiñan moita altura, o cal os facía aínda máis perigosos, especialmente durante os temporais.
Durante a tala, o Concello de Cervo tivo que cortar o tráfico de forma intermitente para garantir a seguridade dos condutores. Previamente, a administración local solicitara permiso á Dirección Xeral do Patrimonio Cultural para poder executar os traballos.










López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



