A sección de Atletismo non perde a forma. O pasado sábado día 22 de marzo durante todo o día estiveron competindo no módulo cuberto das pistas Gregorio Pérez de Lugo, onde estiveron os clubs máis representativos da provincia así como atletas que se achegaron do resto de provincias galegas.
Os ouros son:
Aleix Díaz – 9,30 en 60 lisos alevín
Aleix Díaz – 1,39,03 en 500 lisos alevín
Alexandre Santiago – 3,23,14 en 1000 lisos alevín
Nicolás Álvarez – 1,05 en altura alevín
Ainara Rguez – 9,17 en 60 lisos alevín
Ainara Rguez – 1,37,41 en 500 lisos alevín
Ana Vallines – 3,31,11 en 1000 lisos alevín
Ana Vallines – 1,21 en altura alevín
Aldara Fdez – 0,95 en altura benxamín
Jimena Otero – 3,45 en peso benxamín
As pratas son:
Manuel Rguez – 1,49,87 en 500 benxamín
Hugo Rguez – 7,79 en peso infantil
Fernando Vallines – 5,77 en peso benxamín
Valeria Álvarez – 4,27,15 en 1000 benxamín
Valeria Álvarez – 0,85 en altura benxamín
Claudia Graña – 3,61 en lonxitude infantil
María Vallines – 5,46 en peso alevín
Lidia Barreira – 1,29 en altura infantil
Os bronces son:
Alexandre Santiago – 9,80 en 60 alevín
Nicolás Álvarez – 3,39,85 en 1000 alevín
David Martínez – 0,90 en altura benxamín
Fernando Vallines – 2,84 en lonxitude benxamín
Diana Lastra – 2,07,32 en 500 benxamín
Carmen García – 4,39,06 en 1000 benxamín
O vindeiro sábado 1 de marzo a sección desprazarase a Coruña (Riazor) onde terá lugar o Campionato Galego de Pista Cuberta para categorías benxamín, alevín e infantil. Será en xornada de mañá e tarde, e estarán os mellares atletas de Galicia. Serán os 12 mellores en concursos e as 18 mellores marcas nas carreiras. Tan pronto teñamos comunicados os seleccionados da sección serán enviados.






















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
