Cervo, 27 de febreiro de 2014- Cervo deu a coñecer este xoves o cartel do Entroido de San Román, que organiza a Asociación de Mulleres Rurais As Espalladoras coa colaboración do Concello, a Asociación de Montes Veciñais San Román, Fundación Alcoa e Espectáculos Pico. Na presentación estiveron presentes o alcalde, Alfonso Villares, o edil de Zona Rural, José Ramón Soto e a edil de Xuventude, Yolanda Pedreira, así como representantes das diferentes entidades.
O Entroido celebrarase o sábado 8 de marzo no pavillón de San Román e ten previsto repartir máis de 1.500 euros en premios entre as categorías individual, parellas, grupos, comparsas e charangas, e ao mesmo tempo divididas por idades entre infantil e adultos. O programa inclúe, a partir das 22:30 horas, un baile de disfraces, música coa orquestra Tekila, desfile e concurso.
O Entroido de San Román é unha tradición no municipio á que acude numeroso público. Os premios tamén son un bo reclamo, e nesta ocasión o importe total é superior ao do ano pasado.
A edil de Xuventude, Yolanda Pedreira, anima a todas as persoas, grupos, comparsas e charangas “a acudir a San Román o día 8 a participar no evento e, por suposto, a acudir disfrazados para contribuír a crear o ambiente festivo e de Entroido que se consegue cada ano”. Da mesma maneira, a edil agradeceu ás entidades organizadoras e colaboradoras “a implicación, a ilusión e o traballo que dedican cada ano para poñer en marcha esta cita”.










López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



