Despois de case un mes de inactividade ligueira debido ao Europeo de Amberes, o Burela FS Pescados Rubén volve aos rodos en Vista Alegre, cunha semana de moito traballo por diante. O primeiro rival será mañá, o Umacón Zaragoza, ás 18.30 horas, como antesala de cuartos de final de Copa do Rei, co Ríos Renovables o martes 18, e de novo a reincorporación á liga na pista do flamante FC Barcelona, o sábado 22 (16.15 horas).
Coas forzas renovadas, o equipo laranxa volve para dar continuidade á boa etapa desta segunda volta. “Volvemos con ganas, sobre todo sendo na casa, para tratar de seguir a boa liña de xogo e de resultados” expresaba o capitán burelista Juanma. “Somos conscientes de que non será unha semana nada doada, pero se respondemos ben, serán sete intensos días dos que sairemos fortalecidos” advertía con optimismo o Mariskal.
Desde a sétima posición (26 puntos), o Burela FS recibe ao duodécimo clasificado (16 puntos) apostando pola intensidade. “É un rival sempre complicado que fai moito dano coa defensa zonal, pero se somos fieis ao que levamos adestrando estas semanas ofreceremos moi bo encontro” adiantaba o xogador de Alfoz.
Durante este período, a Copa Xunta foi o aperitivo da escadra mariñá; os laranxas superaron os cuartos de final fronte a O Parrulo FS, de Segunda (1-3). O seu rival de mañá disputou nestas semanas tres amigables; con dúas derrotas ante equipos de Primeira, con Magna Navarra (4-3) e Ríos Renovables (4-6) e unha vitoria, ao FC Ascó (3-7), de Terceira Nacional.
O conxunto de Juanlu, fiel á súa estrutura e engranaje de inicio de tempada, medirase a un rival que levou os tres puntos na primeira volta (3-1) e que desde entón experimentou movementos no mercado de inverno. Luchi chegou para reforzar o equipo maño mentres que Carlos Amores e Carlos Sampedro pasaron a defender a camiseta do Sala Quinto ata final de tempada, aínda que seguen vinculados ao Umacón.
Nas filas locais, a única ausencia será a de Hugo, en pleno proceso de recuperación da súa intervención de menisco. No Umacón, unha vez recuperado Richi Felipe das súas molestias lumbares, Jorge Sampedro contará con todos os xogadores excepto Toru Sato, que por un problema co visado aínda non puido regresar a Zaragoza, e Kiky, que continúa con molestias.
Copa do Rei
O CD Burela FS Pescados Rubén volverá obsequiar a bancada laranxa o martes, 18 (20.30 horas) cos cuartos da Copa do Rei; en fronte terá ao Ríos Renovables, rival directo en competición ligueira. O partido do martes 18 (20.30 horas) contará coa presenza do seleccionador nacional, José Venancio López Ferro. O club mariñán xa abriu a venda anticipada para a trepidante cita copeira. Ata o martes ao mediodía, todas as persoas interesadas poderán adquirir as súas entradas na sede CD Burela FS Pescados Rubén (Horario de atención ao público: de luns a venres, 10.00-14.00 // 16.00-19.00); tamén estarán dispoñibles este sábado na bomboneira.
PREZOS PARA SOCIOS
Adultos: 3 euros
Menores de 18 anos: 1 euro
PREZOS PARA NON SOCIOS
Adultos: 12 euros
Menores de 18 anos: 2 euros
























O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
