Lourenzá, 31 de marzo de 2014. O Concello de Lourenzá contará co apoio da Xunta de Galicia para converter en permanente a ruta literaria dedicada a Francisco Fernández del Riego, que se fixo por primeira vez o ano pasado. Este proxecto foi presentado pola alcaldesa, Emma Álvarez Chao, ao secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, a quen lle pareceu unha iniciativa interesante.
A rexedora municipal explicou que esta ruta literaria “fixémola o ano pasado por primeira vez coincidindo con Día das Letras Galegas e dentro do programa de actos do 2013 como ano dedicado a Don Paco por ser o centenario do seu nacemento. Esta ruta tiña aproximadamente tres quilómetros de lonxitude e pasaba por distintos lugares emblemáticos na vida de Don Paco mentres estivo vivindo aquí, no noso concello, e recollía tamén pasaxes que el escribiu sobre eses lugares”.
Emma Álvarez comentou que “a idea pareceulle interesante ao secretario xeral e mostrou o apoio da Xunta de Galicia para levar a cabo esta iniciativa. Faremos un proxecto máis concienciudo e trataremos de conseguir os permisos de Patrimonio para poñer os indicadores. Hai que ter en conta que se trata dunha zona de afección por un ben de interese cultural e por ese motivo necesitamos saber moi ben que materiais se poden utilizar e como se vai facer o deseño desta ruta. O que si podemos adiantar e que grazas á Consellería de Cultura, da Xunta de Galicia, poderemos ver feita realidade esta ruta e, si é posible, antes de que remate este ano 2014”.










López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



