Santiago de Compostela, 26 de marzo de 14.- O deputado socialista José Ramón Val acusou hoxe a Feijóo de “desmantelar” o Hospital da Costa “para favorecer as clínicas privadas dos seus amiguiños da alma”. O deputado socialista da Mariña presentou no Pleno do Parlamento de hoxe unha pregunta ao goberno polo deterioro do centro da Mariña logo da súa integración na área de xestión de Lugo.
Val advirte que esta decisión, presentada como a solución a tódolos problemas sanitarios, en realidade supón “unha peor calidade asistencial para os pacientes e unha enorme redución da autonomía de xestión do propio hospital”, tratando aos veciños e veciñas da Mariña “como cidadáns de segunda. Así o constata, dixo, un comunicado asinado por 85 dos 97 profesionais que traballan no centro e que foi presentado días atrás.
Sinala que os médicos poñen de manifesto o deterioro do instrumental, as deficiencias no mantemento das máquinas electrónicas ou a falla de previsión nas adquisicións de material. Sinala que o camión da resonancia pasou dunha estadía de 3 semanas ao mes a tan só unha, deixando a mais de 800 mariñáns pendentes de realizar esta proba, mentres os pacientes teñen que desprazarse 200 quilómetros para realizar probas diagnósticas.
Criticou que Feijóo e o PP “levan anos enganando aos cidadáns da Mariña, primeiro coa ampliación do Hospital prometida polo presidente da Xunta en seis ocasións distintas, e despois coa creación das unidades de Oncoloxía e Cirurxía Vascular”.
Necesidade extrema
Mentres, explicou, a situación agrávase coa perda de especialistas “que se marcharon no concurso de traslados ou que se xubilaron forzosamente, deixando prazas vacantes que non foron cubertas de xeito continuo nin temporal”.
Explicou que o Hospital evidencia unha “necesidade extrema” logo de que caeran preto de 50 metros cadrados de falso teito da área de consultas externas, a necesidade de espazo obriga a reducir corredores e salas de espera, e as consultas de medicina preventiva aténdense en barracóns no aparcadoiro.
Esta situación esperpéntica, dixo, chega a que os internos que teñen que facer unha resonancia son recollidos por ambulancias en urxencias, que os trasladan 50 metros para despois devolvelos ao punto de orixe.






















Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.



