Cervo, 2 de abril de 2014- O Concello de Cervo continúa coa súa liña de colaboración cos clubs e entidades do municipio co obxectivo de apoiar ao tecido asociativo e fomentar a súa actividade. Neste caso a delegación de Deportes, que dirixe Luis Guillén, colabora co Club Náutico Amigos do Mar de San Cibrao no fomento do deporte de base. En concreto, o Concello entregou hoxe un batel ao club, dirixido de forma prioritaria a propiciar a práctica do remo entre nenos e mozos. Un equipamento que tivo un custo duns 12.200 euros, dos cales o Concello financiou 6.000 euros procedentes de fondos municipais mentres a Xunta achegou os 6.200 euros restantes.
Unha embarcación que foi cedida a esta entidade e que ademais fará posible que o club poida acudir a competicións. Ata o de agora, Amigos do Mar só dispoñía de dous bateis para adestramento, pero polas súas características non podían ser utilizadas para competir.
O novo batel, fabricado en fibra de carbono e polo tanto máis lixeiro, permitirá ao club “ampliar as súas perspectivas, podendo entrar no ámbito competitivo” tal e como asegura Luis Guillén, que participou na entrega xunto co alcalde, Alfonso Villares, o presidente do club, Marcelino Bermúdez, e outros membros da entidade.
Guillén destaca que con esta cesión, o Concello axuda a este club a “seguir fomentando o deporte náutico”. O Club Amigos do Mar, fundado no 2010, mantense moi activo. Dende a sección de Remo ofrecen múltiples actividades desta disciplina, como a Escola de Remo á que acoden escolares do municipio así como adultos.
O batel conta con cinco prazas, catro de remeiros e un temoneiro e foi fabricada nun estaleiro galego. Ademais, é o mesmo modelo que o que utilizaron os actuais campións de España desta disciplina.






















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



