Burela, 3 de abril de 2014. O vicepresidente da Deputación de Lugo e responsábel das áreas de Benestar Social e Deporte, o nacionalista Antonio Veiga, presentou, esta tarde, no Campo de Fútbol A Marosa, de Burela, a III Copa Deputación de Fútbol Base, que se disputará do 15 ao 20 de abril, coincidindo coa Semana Santa.
A competición comezará os días 15, 16 e 17 de abril en Lugo, no Campo de Frigsa e nas Gándaras, onde competirán as categorías infantil, e xuvenil e cadete, respectivamente; continuará o 18 e 19 de abril en Burela, no Campo da Marosa, onde xogarán benxamíns e prebenxamíns; para rematar o día 20, no Campo Municipal de Becerreá, onde se disputarán os encontros da categoría alevín.
Un total de 123 equipos participan nesta nova edición da Copa Deputación de Fútbol Base, que botara a andar no ano 2012, 19 xuvenís, 18 cadetes, 22 infantís, 23 alevíns, 23 benxamíns, e 18 prebenxamíns. Neste sentido, Antonio Veiga apuntou que “este torneo move a máis de 2.500 rapaces e as súas familias, polo que estamos falando dun evento cunha magnitude moi grande e que implica aos clubs de toda a provincia”.
“Como vén sendo a nosa liña de traballo, – continuou o vicepresidente – desde a área de Deportes da Deputación, queremos facer fincapé no apoio ao deporte de base, propoñendo esta competición futbolística que será tamén un gran evento socializador e de convivencia para todas e todos os nenos e as súas familias”.
Os clubs que teñan que percorrer mais de 50 km terán sufragados os gastos de desprazamento; así coma os de manutención no caso dos equipos de fóra do lugar da sede sempre que a organización o estime oportuno. Ademais, cada equipo participante, é dicir, os 123 equipos recibirán un regalo de material deportivo e cada crianza terá un detalle de participación así como os trofeos e medallas para os equipos finalistas.
“Desde a área de Deporte da Deputación de Lugo estamos a poñer todas as facilidades para que participen o maior número de futbolistas e de clubs. É un aliciente para os equipos saber que teñen todos os gastos cubertos, tanto de transporte, como manutención e aloxamento, se fose necesario, do que é boa proba que cada ano se sumen máis equipos de toda a provincia a esta competición” – concluíu Veiga.


























As fotografías empregadas serán de uso interno e non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin en internet. A actividade está aberta tamén a nenos e nenas doutros concellos.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
