39 alumnos de 4º da ESO do IES VILAR PONTE acompañados de tres docentes do centro, viaxaron desde o 1 ao 5 de abril a Londres. Na capital británica visitaron os principais monumentos e lugares de interese: o Palacio de Buckinghan, o Palacio de Westminster co Big ben, a Torre de Londres e a Ponte (Tower bridge), O Museo de Historia Natural, o espetacular Museo das Ciencias, o Museo Británico, os barrios e rúas comerciais de Candem Town, Portobello, Regent´s Street e Picadilly ou Harrod´s, entre outros lugares. Tamén asistiron ao Musical “A Pantasma da Ópera” que leva máis de 27 anos consecutivos en cartel e superou xa as 11.000 representacións no Her Majesty´s Theatre. A viaxe resultoulles de gran interese e só tivo que salientar como incidencia no vo de ida, o retraso de sete horas que tiveron que pasar no aeroporto de Asturias esperando que a compañía substituira un avión con avería.
