Foz, 7 de maio de 2014. As actividades previas á celebración da primeira Festa do Chicharrón en Foz, que terá lugar este fin de semana, comezaron este martes coa presentación do evento en Quiroga, e cunha charla en Radio Foz con vendedoras de peixe, que falaron sobre a importancia do chicharro e agradeceron ao Concello a organización do evento.
Para presentar a Festa do Chicharro de Foz e o seu irmandamento coa XIV Mostra do Aceite de Quiroga desprazáronse a este concello do sur da provincia de Lugo o alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira, e o concelleiro de Medio Rural e Mar, Pedro Fernández Manín, que participaron no acto xunto ao alcalde de Quiroga, Julio Álvarez Núñez, e outros membros da corporación quiroguesa.
Tamén este martes en Radio Foz houbo un programa, dirixido por Anxo Rivas, sobre o chicharro, espazo no que participaron as vendedoras de peixe Mercedes do Chícaro, Pepita do Cascudo e Rita da Canteira, que interviu a través do teléfono. Recordaron como despois de ser descargado dos barcos ían vender o chicharro, cargado en burros, polas parroquias do municipio de Foz e outros lugares da Mariña. Ademais explicaron a elaboración do chicharro lañado e da empanada deste peixe.
As tres participantes no programa radiofónico destacaron que o chicharro supuxo unha importante fonte de ingresos para os traballadores do mar focenses e as súas familias e agradeceron o esforzo do Concello por exaltar un produto tan importante para Foz. Esperan que este festexo teña continuidade e que no vindeiro ano poidan facer un obradoiro para mostrar todo o proceso de elaboración do chicharro lañado.























López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



