Foz, 8 de maio de 2014. O Concello de Foz ultima os preparativos para a primeira edición da Festa do Chicharrón, que se celebrará este fin de semana, sábado e domingo. E, dentro dos actos previos ao festexo gastronómico, onte celebrouse na Casa da Cultura unha mesa redonda na que participaron o alcalde, Javier Jorge Castiñeira, e tres xubilados do mar que recordaron a época na que este peixe tivo unha gran importancia para a economía focense.
O rexedor municipal explicou que a charla coloquio de onte “foi moi bonita e entrañable, hai que agradecerlles aos tres relatores a súa dispoñibilidade e que contaran as súas experiencias sobre a pesca do chicharrón ou xurelo no noso pobo, que viviu sempre con moita importancia esta pesca. Eu creo que temos unha débeda con este peixe, porque deixou moitos cartos na nosa localidade en anos difíciles, de fame, como se falou onte. E a día de hoxe segue sendo unha pesca importante, un produto que se exporta dende A Mariña, e concretamente dende Foz, onde temos unha empresa transformadora, quizais a máis grande da nosa localidade, que é Pescados Rubén e está transformando o chicharro para envialo conxelado a outros países de Europa e de Asia. Polo tanto o recoñecemento é pola súa historia e tamén porque actualmente aínda hai moita xente traballando no noso concello, tanto nas lanchas que o pescan como na industria focense que transforma este produto”.
Javier Castiñeira engadiu que os tres participantes na mesa redonda “Moncho de Chila, Mario de Pena e Paco O Paparuxo xunto co público asistente contaron diferentes anécdotas ilustrando o que foi a historia recente desta pesca na nosa vila. Recordaron cando había moitos barcos que se dedicaban á pesca do chicharrón dende primeiros de novembro ata febreiro, que era a época deste peixe, e comentaron tamén que a baía do Masma, da ría de Foz, era un dos puntos principais do Cantábrico onde se pescaba este peixe. Despois levábase a outros portos, incluso en barcazas”.
O alcalde comentou tamén que “estamos cos preparativos da festa, que vai ser no Campo da Cabana durante este fin de semana, sábado e domingo, e vamos ter a degustación do chicharrón no Campo da Cabana, onde haberá chicharros lañados á brasa, tamén cocidos e con rustrido de aceite de Quiroga e ademais en empanada, que tamén está moi bo. Quero invitar a todos a pasar este fin de semana en Foz e degustar un produto autóctono da nosa Mariña lucense”.










López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



