Ribadeo (Lugo), 5 de xullo de 2014.- A delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, presidiu este sábado no Real Club Náutico de Ribadeo a recepción dos participantes da Ruta Atlántica da I Travesía Náutica Xacobea, unha iniciativa promovida por Turismo de Galicia que está enmarcada dentro dos actos cos que a Xunta de Galicia conmemora o VIII centenario da peregrinación de San Francisco de Asís a Santiago de Compostela.
Arias destacou durante o acto “a extraordinaria resposta” que tivo a proposta de Turismo de Galicia tanto no ámbito nacional como internacional, dado que do porto de Ribadeo zarparán 33 embarcacións procedentes de Irlanda, Francia, Inglaterra ou Bélxica, ademáis de España, entre outros outros países.
A representante do Executivo galego sinalou que con esta iniciativa “actúase tamén de xeito importante na promoción da Mariña”, xa que o desenvolvemento desta ruta engloba a preto de 200 navegantes e numerosos visitantes, dispostos a disfrutar coas evolucións dos 33 barcos que zarparán mañá Ribadeo en dirección a Viveiro para abandonar a comarca da Mariña o luns. A maiores, esta previsto que outras tres embarcacións se sumen ao grupo de participantes nesta ruta mentres sucan a costa norte galega en dirección a Boiro.
“Este evento –afirmou Arias- atrae a centos de persoas á Mariña, entre navegantes e público, e non me cabe dúbida de que repercutirá moi positivamente na promoción turística da zona, que é o obxectivo principal que persegue Turismo de Galicia”.
Calidade
Arias lembrou tamén que “a calidade determinou a selección das estacións náuticas para acoller as embarcacións desta peregrinación náutica” e, neste sentido, aproveitou, para destacar que o RCN de Ribadeo ten o distintivo da Q de calidade e no porto deportivo de Viveiro luce de novo dende hai días a bandeira azul.
A Travesía Náutica Xacobea contempla dúas propostas, unha ruta Mediterránea (ou ruta Sur), que comezou o 14 de xuño no porto de Xénova, e una ruta Atlántica (ruta Norte), que parte mañá de Ribadeo e inicia a segunda etapa en Viveiro.
A ruta mediterránea percorrerá 1.542 millas en 14 etapas ao longo de case un mes de navegación. A ruta Atlántica percorrerá cerca de 210 millas náuticas en seis etapas: Ribadeo, Viveiro, Ares, Camariñas, Portosín, Ribeira e Cabo da Cruz. Será neste último porto cando, o día 11 de xullo, a iso das dúas da tarde se xunten os barcos da ruta Atlántica procedentes de Ribeira e os que chegan da ruta Mediterránea dende Portonovo.
A Dirección Xeral de Xuventude participa tamén na iniciativa a través das actividades da Campaña de Verán para a mocidade galega. Así unha das goletas que completará o percorrido atlántico será a Goleta Nieves, na que a Xunta ofreceu 25 prazas a mozos e mozas galegos de entre 18 e 30 anos; “tripulantes” aos que neste caso non se lles esixe coñecementos náuticos e que, ao tempo que disfrutan da navegación, aprenderán algunhas das tarefas que se levan a cabo nunha embarcación de vela de gran eslora.
Turismo de Galicia organizou a travesía en colaboración con ASNAUGA (Asociación de Clubs Náuticos de Galicia) co obxecto de rememorar a traslatio do corpo do Apóstolo Santiago ata Galicia por mar, así como a propia peregrinación do santo de Asís, configurando unha viaxe única en Europa polas súas características.
No acto desenvolvido na tarde deste sábado no RCN de Ribadeo, estiveron presentes, entre outros representantes, Javier Ruiz de Cortázar, presidente de ASNAUGA; e Ramón Acuña, presidente do RCN de Ribadeo.









O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



