Lourenzá, 03 de novembro de 2014. A asemblea local do Bloque Nacionalista Galego de Lourenzá reunida en convocatoria ordinaria debateu e decidiu as liñas de actuación a seguir a nivel local para continuar a dar a coñecer a alternativa nacionalista a tódolos veciños, neste senso consideran os nacionalistas laurentinos que é preciso continuar coa oposición e o traballo desenvolto ate o momento tal e como demanda a cidadanía.
Noutro orde do día a asemblea local tomou acordo sobre a renovación de cargos orgánicos a nivel local onde Belén Fanego toma o relevo de Anxo Fernández Vilalba como responsábel local.