Ribadeo, 30 de maio de 2025. Esta fin de semana, 31 de maio e 1 de xuño, terá lugar o XX Torneo Alevín e Biberón de Fútbol Base da SD Ribadeo, que reunirá na vila a máis de 900 nenas e nenos e a 150 adestradores de equipos procedentes de Galicia, Asturias, Cantabria e Castela-León.
Os partidos xogaranse no estadio municipal Pepe Barrera, no Ceip Gregorio Sanz e no Campo da Vía.
Na presentación participaron o presidente da SD Ribadeo, Óscar Otero; o coordenador de Fútbol 8 da SD Ribadeo, Aitor García; a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez; o alcalde ribadense, Dani Vega; o xefe do Servizo Provincial de Deportes da Xunta en Lugo, Manuel Otero; o concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent; e o técnico municipal de Deportes, Iván López.
O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, sinalou que “un ano máis desde o Concello colaboramos coa SD Ribadeo na organización dos tres torneos de fútbol base que se van disputar os días 31 de maio e 1 de xuño, 7 e 8 de xuño e 14 e 15 de xuño. Estamos encantados de facelo por todo o que supoñen desde o ámbito deportivo como para os negocios de Ribadeo na antesala do verán así como desde o punto de vista turístico, porque quen visita o noso concello a través do deporte despois acaba facéndoo a título persoal. Ribadeo sempre sorprende a quen nos visita
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, declarou: “para Ribadeo estas tres fins de semana van ser moi importantes polo que supoñerán para a dinamización económica do noso municipio: para a hostalería, para os hoteis, pero tamén para o comercio. Estamos en xuño, a piques de iniciar a tempada alta, e creo que vai a ser un mes moi potente grazas á celebración destes torneos da SD Ribadeo. Agardamos que sexan un éxito, ao igual que o foron en edicións anteriores”.
O presidente da SD Ribadeo, Óscar Otero, sinalou que “se trata dun evento futbolístico moi importante para o club , que continúa gañando en nivel ano tras ano”. E destacou que a participación increméntase nesta edición: “un xuño máis numerosos clubs de Galicia, Asturias, Cantabria, Castilla León e ata de Portugal e Reino Unido daranse cita en Ribadeo para disfrutar destes fins de semana de fútbol, da nosa vila e da comarca. Neste 2025 temos anotados 32 equipos benxamíns, 21 prebenxamíns, 60 alevíns, 4 de iniciación e 44 infantís, o que supón que moitos cativos e as súas familias se despracen a Ribadeo durante este mes, contribuíndo os nosos torneos dun xeito moi importante á dinamización económica da zona”.
E engadiu: “desde a directiva agradecemos de antemán todas as axudas que por parte da Xunta, Concello, Deputación, Acisa, institucións públicas e privadas, e particulares nos achegan para levar a cabo a organización deste evento; e moi especialmente a colaboración das familias que forman a SD Ribadeo, para que os cativos poidan disfrutar ao máximo destas xornadas de convivencia e festa do fútbol
Organiza os torneos a SD Ribadeo, coorganiza Deporte Galego e colaboran Concello de Ribadeo, Acisa, Deputación de Lugo, Gadis e Eroski.






















Os senadores do PP por Lugo, José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano, xunto co portavoz de Interior do Grupo Parlamentario Popular no Senado, Luis Santamaría, mantiveron unha reunión no Senado con representantes da Asociación Española de Gardias Civís na provincia de Lugo, que lles trasladaron as principais reivindicacións do colectivo e analizaron os problemas e necesidades que afectan á Garda Civil na provincia.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



