A vicepresidenta de Mulleres en Igualdade Burela fixo entrega da cesta de Nadal á agraciada que nesta ocasión recaeu en Míriam, da Asociación Afam de Burela.
O recadado neste sorteo, será empregado por Mulleres en Igualdade Burela, para a compra de produtos infantís non perecedoiros, que serán distribuídos entre @s beneficiari@s desta asociación.
Así mesmo, esta asociación quere agradecer a todos os veciños de Burela, a gran resposta que esta obtendo a Campaña de recolleita de alimentos que Bumei está levando a cabo, en SUPERMERCADOS EROSKI DE BURELA, e que ano a ano vai superando notoriamente ao anterior, demostrando así a solidariedade e apoio incondicional de todos os veciños de Burela, ao labor que esta asociación vén realizando desde a súa creación.
A presidenta de Mulleres en Igualdade Burela, quere recordar a todas as mulleres interesadas, que a partir do 15 de xaneiro e ata o 26 do mesmo, poderán presentar as súas candidaturas para integrarse na Xunta Directiva de Mulleres en Igualdade Burela, xa que dado o volume de actividades que esta asociación vén realizando ao longo do ano, acordouse na pasada asemblea mantida leste mesmo mes de decembro, aumentar a mesma para así poder conseguir afondar máis aínda en diversas materias.
Mary Fraga avanza xa, que no primeiro trimestre do 2015, Mulleres en Igualdade Burela, coordinará a posta en marcha e funcionamento, de dúas novas asociacións de Mulleres en Igualdade, en San Cibrao e Ribadeo.























Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



