Acaban de rematar no municipio de Xove os traballos dunha INSTALACIÓN SOLAR FOTOVOLTAICA para autoconsumo da Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) de Palmeiro, en A Rigueira. Concretamente este xoves, e despois duns días de proba, procedeuse á súa conexión á rede e comezou a funcionar. Esta instalación, ubicada sobre unha marquesina, vai conectada á rede interior da EDAR e queda perfectamente integrada paisaxisticamente dentro do conxunto da estación depuradora.
Esta actuación, que tivo un presuposto inicial de 62.241,70 €uros, foi adxudicado en concurso á empresa INELSA en 51.038,19 €uros, o que supuxo unha importante rebaixa no investimento. Desta cantidade final, o AGADER (Axencia Galega de Desenvolvemento Rural) aportou a cantidade de 39.269,80 €uros, aportando o Concello a parte restante, concretamente 11.768,31 €uros.
As instalacións fotovoltaicas axudan á CONSERVACIÓN DO MEDIO AMBIENTE, xa que xeneran enerxía eléctrica dunha forma limpa e renovable. Esta actuación vai supor un doble aforro para o noso Concello: por un lado na factura da lus (CUNHA PREVISIÓN DE AFORRO SUPERIOR AOS 6.000 €UROS ANUAIS), xa que toda a enerxía consumida a través desta instalación supón restar da consumida por canles ordinarios (petróleo, etc.); por outra parte, tamén supón un aforro en emisións de CO2 á atmósfera, dado que canto menos combustible se queima menos se contamina.
Non é esta unha actuación illada. Tal como dí o alcalde, “o Concello está inmerso nun proceso de renovación das fontes enerxéticas que abastecen ás distintas instalacións municipais, nunha CLARA APOSTA POLAS NOVAS ENERXÍAS RENOVABLES. Todo este tipo de actuacións supoñen unha aposta de futuro, unha aposta polas novas enerxías, máis limpas e menos contaminates; supón tamén unha preocupación polo noso entorno, dado que temos a obriga de deixarlle un mundo mellor e máis limpo ás xeneracións vindeiras. Facendo un pouco de memoria, hai que recordar que inda non hai moito se realizou unha instalación similar na Piscina Municipal de Xove coa colocación de paneis solares no seu tellado”.










López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



