Ribadeo, 15 de abril de 2015.- Este mércores 15 de abril, cinco días antes de esgotar o prazo para a presentación de avais ante a xunta electoral de zona, a plataforma veciñal Ribadeo en Común recibiu notificación, por parte da secretaría municipal, que o requisito de verificación das 500 sinaturas estaba cuberto.
Queremos agradecer a toda a veciñanza que independentemente das súas opcións políticas amosou o seu talante democrático avalando a nosa alternativa, a oportunidade que nos está a ofrecer para presentar nas eleccións municipais deste ano unha candidatura formada por veciñas e veciños do común, lonxe das tutelas de partidos políticos.
A iniciativa impulsada desde a plataforma “ReC” está inmersa nun proceso de ruptura democratica que xa está a coller forza tamén no resto do estado, e que ten como obxetivo primeiro recuperar as institucións públicas para á propia veciñanza mediante un modelo participativo e unha xestión transparente.
Así mesmo, gustaríanos recordar que ainda temos aberto o proceso de eleccións primarias onde, todas aquelas persoas que estando empadroadas en Ribadeo , teñan asinado o manifesto da plataforma ou cuberto o tríptico pre-aval antes do 1 de abril (data de apertura do prazo para inscribirse como candidata), poden exercer o seu dereito a escoller entre as veciñas e veciños que irán na lista de Rec.
As mesas electorais estarán abertas en Clip Graf (rúa San Francisco nº 8) de 12:00 a 14:00 e de 19:00a 21:00 este xoves, e de 12:00 a 14:00 o venres.






A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.