Trasbar acolle o primeiro Maratón de Tute o sábado 18 de abril no local social a partir das 17.00 horas. Os premios establecidos son de 500 euros máis trofeo para a primeira parella clasificada, 300 euros para a segunda, 200 para a terceira e 100 para a cuarta. Na primeira repesca os gañadores faranse con 200 euros e os subcampións con 150; mentres que na segunda, os campións obterán 150 euros e os segundos clasificados, 100. De tódolos xeitos, estes importes correspóndense coa inscrición de 32 parellas. Así, no caso da participación de menos parellas, os premios serán proporcionais ás inscritas. Os interesados poden inscribirse por 35 euros (cea incluída) a través dos teléfonos 625 081 637 ou 605 158 373
ou do enderezo electrónico burgodetrasbar@yahoo.es.






















Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



