O Vicedo, 27 de xullo de 2015.- Este 29 de xullo a actividade de Mércores de Natureza do Vicedo será mixta, de sendeirismo e kayaks. Comezarase percorrendo a ruta de sendeirismo entre o Porto do Barqueiro e o Porto de Bares, que ten uns 10 km e que pasa polos seguintes puntos de interese: Porto do Barqueiro, canteira de kañoles, garita de Bares, Vila de Bares e Porto de Bares. Hai que destacar tamén as fermosas vistas das Rías que hai desde varios puntos da ruta. A continuación embarcaranse nos kayaks para facer o camiño de volta por mar entre os portos de Bares e Barqueiro pasando pola praia de Vilela. Aínda que a actividade está deseñada para facer completa, hai posibilidade de facer só sendeirismo (sería gratuito) ou só kayaks (15 € por persoa). En caso de facer a actividade completa tamén costaría 15 € por persoa.
Para participara na actividade é necesario anotarse no teléfono 982 59 01 95 ou no mail concello@concellodovicedo.org. O punto de encontro para iniciar a actividade será o porto do Barqueiro ás 10h.


























O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.



