8 de agosto de 2015.- Este venres ás 19:00 horas presentáronse oficialmente os equipos de fútbol infantil e cadete no municipal de Sta. Cruz. No acto estiveron os presidentes das entidades que loitan conxuntamente formando os xogadores de Lourenzá e de Mondoñedo por quinto ano consecutivo; Pablo Maseda e Manuel Barreira. Ademáis estivo presente o Concelleiro de Deportes de Lourenzá Francisco Dasilva; así como numerosos pais e aficionados de ambos clubes.
A principal novidade esta temporada será David Cabaleiro (licenciado e diplomado en educación física e xogador do primeiro equipo das E.D. Lourenzá), máis coñecido por Garrafín, que se fará cargo da coordinación e planificación dos entrenamentos de todos os equipos de fútbol das escolas, asumindo directamente a dirección do equipo de fútbol infantil.
Á fronte do equipo cadete estará Michael Sante(o ano pasado adestrador do equipo infantil), que asume a competición dos equipos de fútbol e fútbol sala cadete para esta vindeira temporada 2015/2016.
As plantillas a día de hoxe non se dan por pechadas. Se algún de vós estades interesados en participar neste novo proxecto o vindeiro adestramento será o martes día 11 de agosto ás 11:00 horas en Sta. Cruz.


























As fotografías empregadas serán de uso interno e non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin en internet. A actividade está aberta tamén a nenos e nenas doutros concellos.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
