Burela, a 5 de agosto de 2015.- Novas Xeracións Burela lamenta a actitude do Alcalde no pasado pleno, onde dixo e reiterou que ansiaba un cambio de réxime político. Dende o noso punto de vista estas declaracións son moi perigosas e pedimos que aclare a que se refería cun cambio de réxime. Acaso rexeita a Constitución española? Ou está na liña rupturista da extrema esquerda? Esixímoslle ó rexedor que explique as suas desafortunadas verbas, e en todo caso qué quixo decir con elas.
Ademais sorpréndenos este tipo de declaracións por parte de un membro do PSOE dado que sempre foi un partido demócrata e a prol da constitución do 78. Novas Xeracións teme que sobre o alcalde esteña influindo algún concelleiro que ata hai pouco tempo facía campaña a favor de Podemos. O que nos fai supoñer un acercamento por parte do Alcalde cara esquerda radical.
Novas Xeracións pídenlle ó alcalde que modere a súa linguaxe e a suavice para non manchar a imaxe do concello de Burela. NNXX teme que o actual equipo de goberno radicalice o consistorio con terribles resultados para a nosa vila.
Sería mui grave que entrásemos nunha etapa de revisionismo continuo do pasado, xa que implicaría unha perda de tempo, en perxuicio dos intereses reáis dos veciños e veciñas da vila, e sen dúbida suporía un gasto económico dos cartos de todos os cidadáns para atender as demandas dunha minoría en detrimento dos intereses da maioría.






















As fotografías empregadas serán de uso interno e non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin en internet. A actividade está aberta tamén a nenos e nenas doutros concellos.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.



