Cervo, 3 de decembro de 2015.- A Casa do Concello, en Cervo, e a Casa da Cultura, en San Cibrao, expoñerán os beléns de plastilina que farán nenos e nenas o vindeiro luns, día 7. Ademais os días 21, 22, 23, 28, 29 e 30 deste mes haberá as actividades denominadas Enredos de Nadal.
A concelleira de Cultura e Educación, Dolores García Caramés, anunciou este venres que “o Concello de Cervo estrea as actividades de Nadal cos tradicionais beléns de plastilina que serán elaborados este vindeiro luns, 7 de decembro, polos nenos e nenas en San Ciprián en horario de mañá, a partir das 11:30 horas, e en Cervo en horario de tarde, a partir das 17:00 horas. Estarán expostos na Casa do Concello e na Casa de Cultura durante estas datas. Estes peculiares nacementos elaborados con masa plástica son unha das actividades tradicionais que organiza o Concello nestas datas e na que os nenos e nenos participan desenvolvendo a súa creatividade e poñendo en práctica as súas destrezas á hora de plasmar personaxes ou obxectos con esta masa. O resultado son figuras con cores que adornan os recibidores de ambos edificios públicos. É unha forma orixinal de dar a benvida aos cidadáns que se acercan alí e toda unha satisfacción para os seus autores, que saben que o Concello mantén as súas pequenas obras de arte expostas durante as festas de Nadal. Para participar na elaboración dos beléns de plastilina as inscricións xa se enviaron aos colexios, pero tamén as hai na Casa do Concello, en Cervo, e en San Ciprián, na Casa do Mar”.
En canto ao programa Enredos de Nadal, Dolores García explicou que o Concello de Cervo “volverá ofrecer os Enredos os días 21, 22, 23, 28, 29 e 30 de decembro en horario de mañá na Casa do Mar. Crearanse dous grupos: un para alumnos de Infantil, de 11 a 12:30 horas, e outro para os de Primaria, de 12:30 a 14 horas. É un programa que pon en marcha a Delegación de Educación durante os períodos de vacacións escolares e nesta ocasión as actividades estarán centradas no Nadal, de forma que participarán en talleres de cociña, xogos e manualidades. Os Enredos son un programa dedicado especialmente ao público infantil e todos os anos teñen moita afluencia, igual que se prevé nesta edición, para a que xa hai nenos apuntados pero o prazo segue aberto ata o mesmo día das actividades. Esta semana xa se facilitaron as follas de inscrición nos colexios para procurar que a información chegue a todos os fogares con nenos e nenas e hainas tamén na Casa do Concello, en Cervo, e na Casa do Mar de San Ciprián”.










López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



