CADERNOS DA VIAXE. O pacto do PSOE con C´s que aprobou este sábado a afiliación socialista, malia a abstención dunha metade da mesma, constitúe máis un sinal ca un camiño de goberno, xa que está condenado á derrota parlamentaria. A investidura de Pedro Sánchez non será posíbel, ao só votar a prol os 131 deputados laranxas, socialistas e os dous canarios de CC e NC. Abrirase, entón, o sábado un periodo de dous meses para acadar outro candidato, que semella moi difícil de xurdir. Despois, habería eleccións o 26 de xuño.
Máis o pacto é sinal de cousas que están a pasar. Curiosas, cando menos senón moi significativas. O PSOE emenda de totalidade o seu programa electoral socialdemócrata e asume propostas nidiamente de centro-dereita, renunciando a medidas (revisión das contrarreformas local, laboral, educativa e de seguranza cidadá do PP) que son de amplo consenso nos ámbitos políticos progresistas de todo o Estado. Deste xeito, recoñece nidiamente que son os das portas xiratorias, os Felipes, Guerras e Rubalcabas, as persoas que mandan no partido. Seica o PSOE renuncia definitivamente á socialdemocracia.
Para máis, o PSOE ratifica de vez a súa inanidade fronte ao problema da plurinacionalidade de España e lle merca a C´s a súa visión centralista , como sempre tendeu mercárllela ao PP. O PSOE amosou non ter alternativa ao xacobinismo paifoco do PP e de C´s. Velaí a participación tan baixa que a consulta socialista obtivo no PSC.
Canto a Pedro Sánchez, é evidente que se reforzou no curto prazo. Mesmo garantiuse ser o candidato nunhas cada vez máis probábeis eleccións no verán. Mais deixar o amplo espazo do centro-esquerda a outros vaille custar, ao mellor de xeito definitivo, o carácter de referente dese espazo político, onde se sitúa a meirande parte da cidadanía, que refuga frontalmente das resultas da lexislatura do PP.
Ese amplo espazo cidadán pedía un Goberno de progreso. E Pedro Sánchez non soubo, non quixo ou non puido dárllelo. De aquí a xuño Pedro Sánchez gastará o crédito que gaña estes días e o PSOE ficará máis preto de ser secundario nas preferencias dos sectores sociais progresistas.
Xoán Antón Pérez-Lema






O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



