Burela, 27 de febreiro de 2016.- O Burela FS Pescados Rubén caeu na tarde deste sábado na visita do Catgas Santa Coloma, cun excesivo castigo. A entrega dos laranxas non puido neutralizar a un equipo de gran potencial ofensivo que viviu en Vista Alegre o partido soñado, adiantándose xa antes de cumprirse o primeiro minuto de xogo, cun gardameta que o parou todo ante as innumerables ocasións dos galegos e o acerto de Adolfo, con póquer no definitivo 1-6.
Xarro de auga fría nada máis empezar o encontro; os visitantes adiantáronse no marcador aos 19 segundos de xogo tras unha recuperación na pista visitante, con disparo raso de Dani Salgado. Antes do segundo minuto, os mariñáns avisaron a Prieto con moito perigo con Petry, nun disparo alto que cazou o meta catalán prodixiosamente, e Chano, desde saque de esquina. Pouco despois, no 3, Antoñito intentouno de tacón nun balón que se foi polo fondo desviado. Nun encontro con moito ritmo, con Prieto moi acertado ante as embestidas laranxas, o Santa Coloma aproveitou unha falta para ampliar distancias, no minuto 10, nas zapatillas de Adolfo, que anotou o 0-3 no 12, tamén a balón parado, desde saque de esquina de Rubén. Apostaron os de Daniel Ibañes por porteiro xogador a falta duns cinco minutos para o descanso, con Isi liderando, pero a fortuna deulles as costas e chegou o cuarto en contra, de Rafa López. Asediaron ata a saciedade os de Burela a área barcelonesa, cun omnipresente Prieto infranqueable.
Renovouse a cita en Vista Alegre mantendo a súa alianza co gol os de Santa Coloma, con Adolfo asistido por Dani Salgado (0-5), no minuto 22. Estrelándose contra o acerto do porteiro catalán, o Pescados Rubén volveu recorrer ao ataque de cinco, no 29. Pouco despois chegou o máis que merecido gol, de Jorge Bellvert a pase de de Chino (minuto 30). Seguiu pelexando o conxunto mariñán con porteiro-xogador; puido recortar Iago Rodríguez no 35, só ante a inspiración de Prieto. A falta de 12 segundos para a bocina final, Catgas anotou o definitivo 1-6, con nova aparición de Adolfo, en rexeite desde o lanzamento de dobre penalti de Dani Salgado.
Ficha técnica
CD Burela FS Peixes Rubén: Edu, Iago Rodríguez, Chano, Pety, Jorge Bellvert, cinco inicial; tamén xogaron Antoñito, Isi, Chino, Hélder, Carlitos
Catgas E. Santa Coloma FS: Prieto, Rubén, Adolfo, Dani Salgado, Rafa López, cinco inicial; tamén xogaron Fabián, Sepe, Pablo del Moral, Corvo
Goles: 0-1, Dani Salgado, minuto 1; 0-2, Adolfo, minuto 10; 0-3, Adolfo, minuto 12; 0-4, Rafa López, minuto 15; 0-5, Adolfo, minuto 22, 1-5, Jorge Bellvert, minuto 30; 1-6, Adolfo, minuto 39
Árbitros: Contreras Tejedor // Pérez Álvarez (Castilla e León). Por Burela FS amarela para Iago Rodríguez (minuto 8), Jorge Bellvert (minuto 10). Por Santa Coloma, amarela a Pablo del Moral (minuto 10)
Incidencias: Partido correspondente á 22ª xornada da Primeira División da LNFS disputado no pavillón Vista Alegre de Burela. 800 afeccionados.









O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
