Lourenzá, 16 de marzo de 2016.- Tal e como se decidiu unha vez rematada a edición do Lourenzá en Xogo 2015, o torneo terá unha continuidade bianual
Organizar un evento desta índole representa un esforzo económico e humano considerable, polo que dende o comité técnico do torneo, consensuando a decisión coa directiva das escolas optouse por seguir aunando forzas pero cada dous anos; polo que neste ano 2016 xa se está traballando para elaborar un gran cartel para a edición do 2017. O cambio só obedece a causas deportivas (conseguir máis de 20 equipos todas as edicións non resulta doado), humanas(persoal que organiza, colabora, voluntarios…) e, sobre todo, económicas (reunir un orzamento de preto de 20.000 euros non é sinxelo cos tempos que corren).
Esta decisión tomouse para que o evento sexa viable e teña continuidade no futuro polo que, en principio, os anos impares serán anos de Lourenzá en Xogo.
Agradecer a todas as institucións públicas (Concello de Lourenzá, Deputación de Lugo e Xunta de Galicia) empresas privadas e persoal colaborador, equipos participantes, adestradores, directivos e voluntarios que fixestes e faredes do Lourenzá en Xogo un dos mellores eventos de baloncesto feminino do territorio nacional.
Vémonos na XIV edición: Lourenzá en Xogo 2017!