Lugo, 16 de abril de 2016.- O Vicepresidente da Deputación, o nacionalista Antonio Veiga, xunto co vicepresidente da Federación Galega de Fútbol Carlos Méndez coordinaron xunto cos representantes das equipas participantes, o sistema de emparellamentos, horarios e xornadas de competición da XXXIII Copa Deputación de Lugo de Fútbol.
Na Copa Deputación participarán un total de 23 equipas de fútol de 1ª Autonómica e Preferente, 4 clubs de categoría feminina e 58 equipas pertencentes a 2ª e 3ª autonómica, co se estima que uns 2.000 xogadores tomaran parte na desputa do torneo que transcurrirá entre os vindeiros meses de maio e xuño, os emparellamentos de 1ª Autonómica e Preferente realizáronse por sorteo puro ao igual que na categoría Feminina, mentras que para as categorías de 2ª e 3ª Autonómica os emparellamentos foron por proximidade, como ven sendo habitual nas últimas edicións.
Para a posta en marcha desta XXXIII edición da Copa Deputación, a Área de Deportes da Deputación conta cun orzamento superior aos 90.000 euros, polo que se manteñen as cantidades dos premios dos clubs deportivos participantes no trofeo, o campión e subcampión da categoría de 1ª Autonómica e Preferente Autonómica serán premiados con 5.000 e 4.000 euros respectivamente. Ademais, cada equipo recibirá 450 euros por partido xogado. En 2º e 3º Autonómica, os premios alcanzarán os 4.000 e os 3.000 euros para primeiro e segundo, e os clubs percibirán 385 euros por partido disputado. As finais celebraranse o día 19 de xuño para as equipas de Preferente e 1ª Autonómica, e o día 26 para a de 2ª e 3ª Autonómica
A Copa Deputación de Fútbol Feminino alcanza a súa VIII edición e as equipas que consigan quedar en 1ª e 2ª posición obterán un premio de 5.000 e 4.000 euros respectivamente. Os emparellamentos da semifinal desta competición enforntarán a Antas fronte a Milagrosa e o Monteforte medirase ao Peluquería Mixta Friol, os encontros de semifinais terán lugar os días 5 e o 12 de xuño, mentras que os vencedores disputarán a final o 19 de xuño.










López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
