Lugo, 16 de abril de 2016.- O Vicepresidente da Deputación, o nacionalista Antonio Veiga, acompañado dos organizadores da proba, José Carlos Díaz, Xoel Díaz Agustín Pérez, Xesús Seivane e Iván Labrada, participaron na tarde deste sábado, na praia de Altar, no concello mariñán de Barreiros na presentación da IV Carreira Popular das Praias, a proba parte da iniciativa de diversos grupos de entidades de Barreiros como son Peña Barcelonista San Miguel, Hotel Ría do Masma, Café Bar Moderno, Casa Elena Turismo Rural, Actiboot, Valea Taxi e Pinturas Centeno.
A Carreira das Praias do 2016 celebrarase o vindeiro 8 de maio e contará con saída en Punta Anguieira a partir das 11 horas da mañá, que será o momento no que tomen a saída ós participantes das categorías infantís, posteriormente, as 11:45 tomarán a saída os participantes da categoría de adultos, que nesta edición presenta como novidade a posibilidade de escoller entre dous percorridos diferentes, o primeiro percorrido, denominado “L” conta cunha distancia de 11kms ( que é o tradicional das anteriores edicións), namentras que a segunda opción o chamado “XL” ten unha lonxitude de 17 kms, e descurre nas praias de Altar e a de Praia de Arealonga cun percorrido de ida e volta.
Antonio Veiga resaltou: “A peculiaridade desta carreira é que a maior parte do percorrido é pola propia area das magníficas praias de Barreiros, polo que a converte nunha espectacular carreira na que o principal obxetivo para os participantes debe ser disfrutar do entorno, xa que correr pola praia non se fai todo-los días e nunha carreira organizada moito menos, pois ésta é unha das poucas que se celebra en Galiza”.
As inscripcións están abertas na web www.carreirapopulardaspraias.jimdo.com ata o día 5 de maio. As categorías de nenos son gratuitas e os adultos deben abonala cantidade de 5 €.
Outra das novidades desta edición é que neste caso a proba adulta será cronometrada por chip, un paso de calidade na organización, pero sin querer perde-lo espíritu popular desta carreira.
A oganización conta coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, o Concello de Barreiros, Agrupación de Protección Civil de Barreiros e varios establecementos e empresas da zona, ademáis de colaborades particulares sen os cales sería imposible a celebración da proba.











López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
