Lugo 11-1-17.A Deputación mantén aberta ata o 3 de febreiro a solicitude das primeiras 7 accións formativas gratuítas do LUGOWORK, o 1º plan de emprego xuvenil participativo da provincia, que puxo en marcha o Goberno Provincial tras captar preto de 2 millóns de euros da Unión Europea a través da EOI. Cómpre destacar que o 91,89% dos fondos do plan son do Fondo Social Europeo. Hai prazas para 105 persoas, que teñen que ser lucenses menores de 30 anos e estar inscrito no Sistema de Garantía Xuvenil. Os participantes nestes cursos terán a posibilidade de ser contratados en empresas da provincia durante 6 meses. Para elo, o organismo provincial asumirá parte dos custos laborais con axudas de 5.000 euros ás entidades contratistas lucenses, que serán seleccionadas nun vindeiro concurso público.
As 7 accións formativas, que inclúen preto de 1.600 horas de formación, son:
– Auxiliar de Vendas Online e Atención ao Público.
– Axudante de Cociña e Servizo de Restauración.
– Emprego eficiente e uso de maquinaria para o aproveitamento forestal.
– Aserrado de madeira.
– Auxiliar de Xestión Informática e Internet para PEMES.
– Traballos auxiliares en obras de rehabilitación e construción.
– Operario de obra civil.
Os interesados poden inscribirse en www.deputacionlugo.gal ou en www.eoi.es. Máis información en lugowork@deputacionlugo.org e en 982-26-00-88 ou 982-26-00-77.
Os cursos celebraranse nas zonas Centro, Norte, Sur e Montaña lucenses, pois terábn lugar en Lugo, Viveiro, A Fonsagrada e Monforte de Lemos.
Tras esta fase de formación, os participantes terán a posibilidade de ser contratados en empresas da provincia durante 6 meses. Para elo, o Goberno da Deputación abrirá unha convocatoria pública, dirixida ao tecido produtivo lucense, ofrecéndolles axudas de 5.000 euros para a contratación dos mozos que conclúan con éxito os cursos.
Cómpre subliñar que as accións formativas se axustan ás necesidades das empresas da provincia, pois o Executivo Provincial mantivo 11 encontros participativos con representantes dos principais sectores produtivos lucenses e contactos con preto de 600 entidades lucenses, que lle trasladaron os perfís laborais que requiren para ser máis competitivos. Coa formación que se ofrece aos mozos cóbrense estes perfís.
Máis cursos e axudas no 2017
Durante este ano 2017, o Goberno da Deputación ofrecerá máis cursos con posibilidade de contratos, ao tempo que arrancará a liña do LUGOWORK que inclúe formación e axudas de 3.000 euros para que mozos lucenses no paro poñan en marcha os seus propios establecementos, favorecendo o emprendemento.











López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



