Santiago de Compostela, 18 de abril de 2017. O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza admitiu a trámite o recurso contencioso-administrativo presentado pola CIG-Ensino en contra da orde da Consellaría de Educación mediante a cal compromete 1.550 millóns de euros para os centros privados. Esta orde amplía o tempo fixado para a concesión estabelecido na LOMCE e blinda os concertos con estes centros até o curso 2022/23 destinándolles cada ano 258 millóns que detrae do ensino público.
A LOMCE fixa a duración dos mesmos en seis anos –até o de agora eran catro- só para a educación primaria e de catro para o resto das etapas. A Consellaría, mediante esta orde, amplía a concesión para todos os niveis a seis anos e condiciona os orzamentos para os vindeiros seis anos, ao establecer e garantir as partidas orzamentarias que o ensino privado vai recibir neste tempo. “Non hai límite nin mesura para beneficiar e transferir diñeiro público ao ensino privado, aínda que o ensino público, desde o ano 2009, acumule uns recortes orzamentarios de 1.943 millóns de euros”, explica Anxo Louzao, secretario nacional da CIG-Ensino. As partidas orzamentarias comprometidas até 2022/23 superan en 608 millóns de euros as cantidades destinadas no período de vixencia dos actuais concertos (942 millóns.)
Hai que lembrar que nos últimos cinco cursos a Xunta concertou 243 novas unidades no ensino privado concertado, mentres no ensino público pechaba 59 escolas e suprimía 441 unidades. Os orzamentos da Consellaría de Educación para o ano 2017 medraron só un 2.8% cando o incremento das subvencións para o ensino concertado foi dun 6%. Desde o ano 2009 a cantidade de diñeiro público destinado aos concertos acrecentouse nun 69% ao tempo que os orzamentos da Consellaría de Educación só o fixeron nun 48%, un 21% menos.
A CIG-Ensino denuncia que, mentres o ensino público pelexa día a día reclamando a dotación necesaria para cumprir cos parámetros de calidade que o alumnado merece, a Consellaría blinda os centros privados e garántelles non só un incremento anual dos concertos que veñen percibindo, senón que eses concertos estarán garantidos durante seis anos e veranse prorrogados no futuro. Entre estes centros privados, cinco deles pertencen ao Opus Dei, que continúan segregando alumnado por sexo e contribuíndo á desigualdade de xénero. Cinco centros contra os que a CIG-Ensino gañou un recurso no seu día e que o Tribunal Supremo considerou que os seus concertos eran ilegais. No entanto, o PP xa tiña a variña máxica da LOMCE para cambiar a situación.








A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.