Lourenzá, 3 de abril de 2017. A alcaldesa, Rocío López, asegura que os veciños e as veciñas de San Adriano terán un aparcadoiro para o seu cemiterio “en óptimas condicións e tan pronto como nos sexa posible”. A rexedora engade que terá accesos pola estrada do Castro e pola provincial 2801. Deste xeito se referiu ás acusacións realizadas no día de hoxe desde o seo popular.
A rexedora sinala que “paréceme un atrevemento por parte da señora Álvarez que fale de deixadez, cando deixadez foi a súa actuación deixando proxectado un acondicionamento dese aparcadoiro pésimo e que non resolvía para nada as necesidades reais e existentes no cemiterio”. Rocío López manifesta que “os veciños de San Adriano precisan un aparcadoiro como Deus manda, ben acondicionado e que resolva as deficiencias que ten o terreo e que estea perfectamente acondicionado para o seu fin último, que é servir de aparcadoiro”.
A alcaldesa de Lourenzá subliña que “por iso optamos por desbotar o ensaio que a señora Álvarez nos deixou proxectado e decidimos facer un proxecto en condicións que define e recolle as obras e accións necesarias para un bo aparcadoiro, que teña accesos non só pola estrada do Castro senón tamén pola provincial 2801. E non facer un galiñeiro como tiña previsto a actual voceira do Partido Popular”.
Para Rocío López “é unha mágoa que se perdese a subvención, pero quero dirixirme á señora Álvarez dicíndolle que aínda que non lle guste, porque no fondo está feliz porque perdemos a subvención e con iso nos quere tachar de mala xestión, os veciños de San Adriano van ter un aparcadoiro para o seu cemiterio en óptimas condicións e tan pronto como nos sexa posible acondicionarémolo, porque estes veciños repito merecen mais que un simple galiñeiro como vostede tiña idea de facerlles”.


















A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
Pasada a medianoite, un vehículo saíuse da vía na N-634. Como consecuencia do impacto, tres persoas resultaron feridas. Da asistencia sanitaria ocupáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil de Tráfico da seguridade na vía. Os Bombeiros de Barreiros tamén acudiron, sen embargo, ningún dos feridos estaba atrapado.
Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.



