Venres, 19 de maio de 2017.- O Concello do Vicedo presentou hoxe o cartel da segunda edición da Romaxe Viquinga, que se celebrará na praia de San Román o vindeiro sábado 29 de xullo. O acto de presentación, que tivo lugar na Casa da Cultura do municipio, contou coa presenza de Nava Castro Domínguez, directora de Turismo de Galicia; José Manuel Balseiro Orol, delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo; José Jesús Novo Martínez, alcalde do Vicedo; Mago Queiman e Andrea Pousa, directores artísticos do espectáculo; Iñaki Sagredo, arqueólogo; e Jesús Martínez, en representación da ACIA O Vicedo.
Na edición de 2017 a organización reforza a Romaxe Viquinga, cuxo pregón terá lugar o venres 28 de xullo a cargo do xornalista Ernesto Sánchez Pombo. Este mesmo día haberá ambientación musical polas rúas do Vicedo e os locais de hostelería ofrecerán unha ruta de tapas viquingas en horario de tarde – noite. A ampliación da festa débese ao éxito de asistencia da primeira edición. O alcalde resaltou a importancia da implicación dos veciños na festa, tanto desde asociacións como individualmente. Tamén salientou que se está a preparar un novo barco máis grande e vistoso que realzará a romaxe. Finalmente, Novo Martínez destacou que un dos obxectivos principais é promover turisticamente O Vicedo e “esta festa permite mostrar a espectacular beleza dunha parte do noso municipio”. Neste sentido, Nava Castro comentou “que a Romaxe Viquinga contribúe a uns importantísimos datos turísticos na comarca da Mariña de Lugo”.
O día principal da Romaxe será o sábado 29 de xullo. O desembarco na praia de Area Grande (San Román) producirase sobre as 12:30h. A continuación, desenvolverase o espectáculo matinal a cargo de Queiman e Pousa, coa colaboración dos cabaleiros do Vicedo e outros voluntarios. “Haberá un espectáculo máis vistoso, con máis cabalos, máis participación local, integrada na representación”, comentou Queiman. Engadiu que “co asesoramento do arqueólogo Iñaki Sagreso se fará unha recreación para mostrar a vida dos pobos viquingos”. O propio Sagreso afirmou que “hai intención de seguir investigando e demostrando que esta era unha zona de paso dos pobos normandos nas súas rutas cara ás Rías Baixas”.
Pola tarde, realizaranse obradoiros, demostracións de loita e actividades infantís na zona do “Campamento”, situada na área oeste da praia. Ademais, este ano instalaranse dúas zonas de “mercado viquingo”, onde se poderá adquirir artesanía, así como comida e bebida.
Na noite do sábado, a actuación de Milson’s poñerá o broche final da Romaxe Viquinga. O grupo, de ampla traxectoria internacional no mundo folk, mestura o legado tradicional como as cantigas mariñeiras e os contos de taberna con ritmos e melodías actuais. Milson’s traerá á zona leste do areal coa súa orixinal proposta sonora e visual.
Cartel II Romaxe Viquinga
Este venres deuse a coñecer o gañador do concurso de debuxo infantil “Cartel da Romaxe Viquinga”, que ten o privilexio de ilustrar o cartel desta edición. A premiada foi Ana González Fra, de 9 anos, alumna do Colexio de Primaria do Vicedo. O debuxo mostra a visión da Romaxe Viquinga desde a óptica dunha nena con dous guerreiros con traxes de guerra, escudos e armas, imitando dalgunha maneira á zona de campamentos da festa.




















A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
Ocorreu escasos minutos despois das 15 horas deste domingo, e foron recollidos pola embarcación Salvamar Shaula, de Salvamento Marítimo. Atopábanse subidos a unha balsa inchable na praia de Basteira, na Pedra (Cariño), foron arrastrados pola corrente e eran incapaces de retornar á beira. Dúas persoas metéronse na auga tratando de rescatalos, sen éxito. Ao final, a embarcación de rescate de Salvamento Marítimo recolleu aos menores e levounos ilesos ata o porto de Cariño. Ademais de a Salvamento Marítimo, desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Gardacostas de Galicia e aos axentes da Garda Civil.
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).