Burela, 19 de maio de 2017. O alcalde, Alfredo Llano, asegura que as obras que se levaron a cabo na avenida Arcadio Pardiñas foron feitas en beneficio de todo o pobo e nunca atendendo a intereses particulares. O rexedor burelés subliña que no seu comportamento sempre está antes a ética que a política.
Alfredo Llano dixo que “eu vou ser claro para que a xente do pobo me entenda perfectamente. O meu principio fundamental de comportamento é ética, sempre é a ética antes que a política. Fundamento todo o que podo facer baseándome na ética, naqueles principios que eu creo que deben ser os bos e servir para estar nun sitio público, incluso no meu traballo, na miña familia e cos meus amigos porque hai que ser solidarios. A solidariedade entra dentro da ética e é antes que a política”.
O rexedor indicou que “cando facemos algo desde o Concello, o grupo de goberno que agora mesmo estamos, pensamos sempre no interese xeral e no ben común. Nunca pensamos para nada en actuacións individuais, non estamos aquí para atender cuestións individuais, non estamos para dar preferencia a un tema individual sobre un colectivo, nós sempre actuamos sobre o colectivo”.
Llano asegurou que “todo o que se fixo en Arcadio Pardiñas e no resto do pobo foi moita obra, levaba moitos anos sen ter tanta obra Burela en asfaltados, melloras e reposicións. Eu penso honestamente que estamos facendo unha labor que creo que lle debe corresponder a un grupo municipal, sempre atendendo ás necesidades do pobo e tratando de mellorar globalmente todo o que poidamos, tanto sexa en servizos sociais, en deportes, en cultura ou en obras, estamos actuando de maneira que procuramos facer unha boa labor para todos. Para que todo o mundo se sinta reflectido e identificado co que se está a facer”.
O alcalde bureles insistiu en que “non pensamos para nada en cuestións individuais que nos recomenden, orienten ou que nos fagan facer cousas que non queremos. A ética é o noso principio fundamental. Agora hai unhas interpretacións de cómo debe ser o que se fixo aí, iso xa é cuestión da xente que o está promovendo. Pero nosoutros, quero que quede claro, estamos traballando polo ben común e polo interese xeral de Burela. Quero que saiba todo o mundo que facemos todo de acordo á lei, respectamos a lei, polo tanto non podemos inventar cousas que non estean de acordo coa lei”.
Alfredo Llano declarou que “procuraremos mellorar a situación tanto en Arcadio Pardiñas como en calquera outra rúa ou necesidade, sempre de acordo con estes principios, coa lei, a ética, o ben común e o interese xeral. Quero deixalo claro. Non entenda a xente que estamos procurando molestar ou facer nada que prexudique. Nosoutros en Arcadio Pardiñas e en todas as rúas que sexan necesarias, imos procurar colocar as máximas vantaxes posibles para o comercio, para os particulares, para todo o mundo, pero sempre de acordo co principio de respecto da institución e co respecto da legalidade. Imos procurar facer todo dentro do ámbito no que nosoutros poidamos movernos, un pobo que sexa moi bo para convivir e sen andar buscando confrontación”.
O alcalde fixo fincapé en que “nosoutros non queremos para nada a confrontación. Queremos que se entenda e respecte o noso proceder porque nunca hai de fondo nada malo, nin hai ningunha intencionalidade de prexuízo nin moito menos, senón que o único que hai é un interese enorme de beneficio, pero para o conxunto, para a poboación, para todo Burela”.



















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



