Teño que recoñecelo, dubidei moito se publicar ou non este artigo.
Si, saio do armario. Non se trata dun asunto de orientación sexual. Permítome coller esta frase polo que conleva, no significado de perder o medo.
Eu son un autónomo, un pequeno empresario que como a moitos outros, a crise colleume co pé cambiado. Proxectos que semellaban viables e nos que depositara moitas doses de ilusión, de súpeto convertéronse en lousas.
Escribo isto a 13 de xuño, será por aloxar o malfario. Ou será porque non esquezo que hai tan só uns días unha entidade bancaria foi engulida do día á noite por outra, polo ridículo prezo dun Euro.
Contarei a miña experiencia. Esa entidade que custou menos cunha caña de San Miguel na recente adquisición, foi a mesma que sen posibilidade de reacción, decidiu non renovarme unha póliza de crédito que tiña dende hai anos con eles. Por decisión unilateral, o banco pasoume a crédito, cunha cota que sabían inasumible, eses cartos polos que pagaba relixiosamente. Sabedores de que é neses intres de estreiteces cando máis dano fan este tipo de actuacións para cos pequenos empresarios, estes lumbreras das finanzas apertaron todo o que puideron, ou mellor dito: a quen puideron, como fan sempre os viles e covardes.
Unha entidade crediticia debería saber dar solución aos seus clientes cando a situación así o require. Pero isto non sucede neste país onde esas operacións son sempre especulativas e usureiras, tentando de exprimir ao que, polas súas circunstancias, está en condicións de favorecelo.
Esa entidade que vale agora o que un kg de patacas, foi quen de esixirme, si, como condición innegociable que adquirira accións do banco para poder ter a aprobación dunha pequena operación. O porqué?, moi doado, estaba na situación de apuro que o permitía. Coñecedores da merda que custarían esas acción en poucas semanas, colocáronmas porque non tiña máis remedio que acceder. Tíñanme collido polos cataplines. Non perdín todo, pois aínda que pareza moi tonto, non o son a tal punto de prever que ditas accións nunca me rentarían un euro de beneficio, polo que á primeira de cambio vendinas, claro está cunha perda importante, dun 35% aproximadamente. Bonita comisión duns ladróns que se aproveitan do máis feble.
Un ano máis tarde, eu sigo pagando a falta de previsión, a posible mala xestión de non poñer as ferramentas para estar mellor preparado para un revés non agardado. Sigo pagando xuros de auténtico escándalo. Ninguén me rescata. Sigo recibindo chamadas impertinentes, repetidas, pesadas, raiando a ilegalidade e por suposto sobrepasando calquera ética. Só o que está ou estivo nunha situación semellante, sabe do que falo, da forza moral que hai que ter para poder erguerte ao día seguinte e seguir coa loita cotiá.
E que dicir da administración?, esa que cando traballas para ela paga cando lle vén en gaña (no meu caso podo dar fe de facturas non cobradas antes de 200 días) pero que cando tes un atraso, por exemplo co IVE, ademais de engadir os correspondentes xuros, manda unha carta ao teu provedor dando conta da circunstancia para recadar eles primeiro. Pensa a administración que se estás con dificultades, unha carta dese estilo favorece á viabilidade da túa empresa?, a resposta é sinxela mais quen ten a tixola pola man manda e pouco podes facer, porque a eles nada lles importa a túa situación.
Non sei canto tempo pasará para poder dicir que eu si pasei a crise, a de verdade, a dos pequenos. Traballo todos os días para elo, sacando forzas de xa non sei onde e como non, víndome abaixo infinidade de veces…
Supoño que o lograrei, por tesón, por rabia ou polo que sexa. Sairei adiante a pesares de pagar unha factura enorme, non xa no económico senón no persoal, no anímico e no familiar.
Porque estar na situación de dificultade, sendo pequeno, afecta a todos os teus ámbitos. Moitas veces salpicando aos que menos o merecen.
Sen tarxetas black, sen amnistía fiscal, e admitindo que nunca tanto se deu o de “tanto tes, tanto vales”, permitireime o día que me cruce con ese director (que todo hai que dicilo non é sempre o caso) que gañou puntos a base de poñerme pedras cada vez máis gordas no camiño para ascender nun banco que en meses non existirá, preguntarlle mirándolle fixamente aos ollos se segue con traballo ou está xa na rúa. Chámame o que queiras mais fareino, con total seguridade.







López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



