Nas últimas semanas asistimos a unha riola de comentarios e declaracións contradictorias que deixan unha estela esborrallada que so aporta confusión.
En primeiro lugar temos a resposta da Autoridade Portuaria que, despois de catro meses, sigue a navegar por un limbo xurídico, alleo ao informe do Defensor do cal extractamos algúns párrafos:
a) No se ha tramitado el procedimiento previsto para la evaluación simplificada exigible […] dacordo ca la Ley de Evaluación Ambiental.
b) No se ha efectuado una evaluación sobre todas las repercusiones del proyecto […] (Ley de Patrimonio Natural y de la Biodiversidad). […] no se han analizado las consecuencias sobre el espacio de cambiar la situación actual (un faro en desuso) por otra en la que las instalaciones se destinan usos turísticos y recreativos (hotel con cafetería); los efectos de las obras y de la presencia del público y vehículos sobre flora y especies de aves de interés para la conservación, […] El hecho de que el uso turístico sea autorizable en el ZEC, no exime de evaluación, (Plan Director de los Espacios de la Red Natura 2000 de Galicia). […] Una correcta evaluación […] es decisiva, además, para la determinación de las medidas correctoras que deban adoptarse no sólo durante la ejecución de las obras sino también durante la explotación de la instalación turística.”
A resposta de Puertos é digna de Tartufo. Non procede facer a avaliación ambiental porque eles xa decidiron que as obras “non afectan de xeito apreciable ao espazo protexido” e que so conistiu na “remodelación interior” da antiga casa do fareiro. A cara dura destes protectores da natureza e promotores do turismo nos faros chega a esquecer a presencia dos automoveis, as persoas, as luces, as festas, as emisións o uso continuado e o impacto acumulativo de estes e outros elementos que exixe a normativa de protección ambiental invocada polo Defensor.
Deseguido atopamos unha nota de prensa do Concello de Ribadeo : “alegrámonos tamén que digan que o procedemento de concesión está todo ben […] e polo tanto a miña obriga como responsable político municipal foi preguntar e transmitir estas preocupacións para asegurar unha situación xurídica que podía ser complexa”. Ou sexa o Sr. Alcalde acepta sen mais a “resposta” da Autoridade Portuaria, ignora as denuncias do Defensor, aquel estrambótico persoaxe que no pleno do 23 de marzo podía ser , literalmente“un incompetente”, en maio tiña un “ argumentario demoledor ” e finalmente en xunio deixao arrombado na cuneta. Ainda mais, o beatífico político dalle pistas a Puertos: tamén se podía poñer “unha tenda de roupa” ou calquer outro negocio, que por él non habería pegas. ¿Pode haber maior desprezo á hestoria, á cultura e ao patrimonio de Ribadeo?.
Despois ven o do suposto precinto. Por favor, ¿alguén podería explicarnos en qué consiste ese papel que pegaron na porta?. Coches que entran e saen, visitantes, cecais usuarios, unha primeira comunión ilustrada con fotos en varias páxinas web, e a illa alumeada como se fosen as festas da Patrona. Desexamos, sinceramente, que ninguén se escorne polos penedos. Sr. Alcalde ¿sabe vostede quen ten as chaves da illa, dado que o negocio está precintado e so se reduce a 500 m²?
Da Autoridade Portuaria entendemos que xa dixo a última palabra, pero esiximos ao Excmo. Concello de Ribadeo que empece a traballar dunha vez por todas. Por exemplo someter a totalidade do expediente e do proxecto, informe do Defensor e resposta de Puertos incluídos, ao criterio dunha cátedra de Dereito Administrativo e/ou Ambiental independente e que engada as irregularidades nunca mencionadas (a concesión directa, o acceso dos veciños, e a falla de informe de viabilidade).
En resumen: baixarse do limbo e poñer os pes na terra, Sr Alcalde da Illa Pancha.
Evaristo Lombardero
























Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.



