Cervo, 05 de xuño de 2017.- O Concello de Cervo entregou esta tarde os premios do VII Concurso fotográfico Cervo Respecta, coincidindo co Día do Medio Ambiente.
En total participaron 16 persoas, de diferentes puntos da xeografía española, que presentaron dúas fotografías por cabeza, o máximo que permitían as bases, ousexa que o total de instantáneas ascendeu a 32, en 12 das cales se identifica claramente unha paraxe do noso Concello.
No acto, que tivo lugar na sala de exposicións do edificio anexo ao Concello, na que xa están expostas todas as fotografías do concurso, participaron, o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e a edil de medio ambiente, Manuela Méndez.
Había tres premios establecidos. O autor da fotografía gañadora foi galardoado cunha figura de cerámica de Sargadelos e un vale de 150 euros para empregar en establecementos do Concello de Cervo. O segundo premio estivo dotado cunha figura de Sargadelos e un vale de 75 euros.
Ademais, tamén se premiou a mellor fotografía medioambiental na que se identificase claramente unha paraxe deste Concello; que recibiu un vale de 50 euros, premio Top Cervo.
Neste senso, o primeiro premio recaeu en Pedro Antonio Vicente Canoura, pola fotografía que leva por título Autillo Europeo (Otus scops), que recibiu 54 puntos.
Na fotografía aparece un Autillo Europeo, a ave nocturna máis pequena da Península Ibérica. Atopábase ferida na estrada e foi rescatada pola patrulla de Seprona. A foto foi tomada mentras se agardaba polo persoal do Centro de Recuperación de Animais Salvaxes.
O segundo premio foi para María Elena Fernández Vázquez, coa foto Remuíños e Maruxaina (47 puntos). Trátase dunha vista da Maruxaina no medio das rochas, nun solpor. Foi capturada cun obxectivo “ojo de pez” e acadou o segundo premio tras unha segunda votación ao empatar coa foto “Souto da Retorta”. Ademais, foi a instantánea do Concello de Cervo que máis puntos obtivo, polo que tamén se fixo co galardón Top Cervo.
Villares e Méndez quixeron felicitar aos gañadores e agradecer a súa implicación e grao de compromiso coa contorna “nesta cita xa consolidada no noso Concello, que celebramos con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente, que ten lugar cada 5 de xuño cun único fin: o de concienciar no respecto ambiental, poñendo en valor un dos nosos bens máis prezados e vulnerables, a natureza”.
O xurado estivo composto por profesionais da fotografía, e a exposición estará aberta ao público durante todo o mes.
Cabe lembar que ademais deste certame, o Concello de Cervo ten en marcha diferentes iniciativas nesta liña, como pode ser o programa educativo-ambiental de visitas guiadas ás prantas depuradoras do Concello, a plantación con árbores autóctonas de montes municipais ou a entrega gratuíta de composteiros.
Ademais Cervo forma parte da Rede de Gobernos Locais +biodiversidade dende finais de 2016.
Unha sección da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) encamiñada á promoción de políticas locais para o uso sostible dos nosos recursos naturais, á preservación do patrimonio natural e ao fomento do desenvolvemento rural, baixo criterios de sostenibilidade.























Na presentación participaron o delegado territorial da Xunta, Javier Arias; o Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Xosé María Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.



