Lugo, 19 de xuño de 2017. O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, e a Alcaldesa de Lourenzá, Rocío López García, supervisaron este luns os derradeiros traballos de mellora en máis de 6 quilómetros de dúas das principais vías de comunicación deste municipio. Son a LU-P-2801, de Santo Tomé, por Santo Adriano e Augasoxa a Mazo; e o Camiño A, que vai do Zapateiro a Santo Adriano. O Goberno Provincial investiu 465.000 euros no arranxo de máis de 6 quilómetros destas vías, que están conectadas, beneficiando directamente a milleiros de veciños da Mariña.
Campos Conde e López García explicaron que a LU-P-2801 é a única vía que conecta Lourenzá con Riotorto e A Pontenova polo que centos de veciños destes 3 municipios, que contan con máis de 5.000 habitantes, a empregan a cotío. Ademais, esta estrada provincial desemboca no Camiño A, que é a vía municipal que conecta coas parroquias laurentinas San Xurxo, Santo Tomé e Santo Adriano, nas que viven 1.000 familias. “Con estas actuacións beneficiamos a milleiros de veciños da Mariña”, subliñou o Presidente.
As obras na LU-P-2801, dotadas de 268.000 euros, consistiron na mellora do firme con aglomerado en quente, no incremento da sinalización e na limpeza de cunetas. As actuacións leváronse a cabo en 3,3 quilómetros, dende o punto quilométrico 2.900 ao 6.225. Trátase do treito que chega á parroquia de Santo Adriano.
Os traballos no coñecido como Camiño A, dotados de 197.300 euros, tamén consistiron na mellora do firme con aglomerado en quente, incremento da sinalización e limpeza de cunetas. Realizáronse en 3 quilómetros, que discorren por 3 das 4 parroquias de Lourenzá, que son San Xurxo, Santo Tomé e Santo Adriano.
























As fotografías empregadas serán de uso interno e non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin en internet. A actividade está aberta tamén a nenos e nenas doutros concellos.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.



