Lugo, 16 de xuño de 2017. O Pleno da Deputación aprobou por unanimidade o Plan Único que presentou o Goberno da Deputación á sesión extraordinaria, que tivo lugar este venres, para investir 23,1 millóns nos 67 Concellos co obxectivo de reactivar a economía e impulsar as prestacións públicas, os servizos sociais e o emprego na provincia. Hoxe tamén se acordou, co apoio de toda a Corporación Provincial, a modificación orzamentaria para a incorporación de 10 millóns de euros de remanentes a esta programación. E é que o Plan Único financiase con 20 millóns do organismo provincial (10 do orzamento 2017 e outros 10 de remanentes) e con 3,1 que decidiron achegar os municipios.
Aprobado o plan, o Goberno da Deputación ofrece aos 67 Concellos un anticipo do 80% dos fondos que lle corresponden, e que poden solicitar a partir de hoxe mesmo á institución, para que o Executivo Provincial poida inxectar nas arcas municipais un total de 16 millóns de euros a partires do mes de xullo, que é cando finalizan os prazos legais de exposición ao público deste proxecto. Foi o propio Presidente, Darío Campos Conde, o que quixo incorporar nas bases do Plan Único este adianto, seguindo a liña de cooperación cos Concellos que sempre defende e aplica, pois Campos Conde introduciu anticipos en todas as programación da Deputación que puxo en marcha.
Para reactivar a economía da provincia e mellorar as prestacións públicas no rural, o Presidente fixou nas bases do Plan Único que, como mínimo, o 50% dos 20 millóns fosen para novos investimentos nos 67 municipios. Ademais, limitou os gastos correntes á contratación de desempregados lucenses e profesionais do ámbito social para reforzar o emprego e os servizos sociais na provincia.
Campos Conde acadou estes obxectivos polos seguintes motivos:
– o 70% dos fondos, é dicir, 13,6 millóns de euros, son para a execución de 266 obras de mellora en prestacións públicas de todos os municipios, que manterán ou xerarán un mínimo de 930 postos de traballo durante a súa realización.
– 1,8 millóns de euros son para a atención profesional de 3.000 maiores da provincia, aos que non atende a Xunta por non estar catalogados como dependentes, coa contratación dun mínimo de 155 profesionais a xornada completa e durante 1 ano. É o presuposto para o Servizo a Domicilio a non dependentes, que permitirá ofrecer 330.000 horas de atención, que representan 110.000 horas máis que no 2016.
– 3,6 millóns son para a contratación duns 300 desempregados lucenses cos que reforzar a prestación de servizos municipais nos Concellos. É o presuposto do DEPUEMPREGO, co que o Goberno da Deputación asume todos os custos laborais de novos traballadores.
Tendo en conta os postos de traballo dos profesionais do Servizo a Domicilio a non dependentes e os do DEPUEMPREGO, o Executivo Provincial asumirá os custos pola xeración dun mínimo de 450 novos empregos na provincia de Lugo.
Turismo, cultura e deportes
Na procura de máis investimentos, o Presidente estableceu nas bases que as axudas para feiras, mercados ou festas de exaltación gastronómica fosen, como máximo, de 6.000 euros, ou a mesma que na anualidade pasada, no caso de seren maiores. Tamén fixou que o orzamento para actividades culturais e deportivas acadase como moito os 8.000 euros. En ningún caso, se financian actividades que empreguen animais non domésticos para exhibicións ou comercializacións, así como para espectáculos, por exemplo touradas ou circos; ou aqueles eventos nos que se faga un uso sexista da identidade sexual ou con connotacións pexorativas da identidade sexual ou de xénero.
Finalmente, achéganse 330.000 euros para 71 citas turísticas e gastronómicas en 52 Concellos; 339.000 euros para 119 actividades culturais en 46 Concellos; e 242.000 euros para 78 iniciativas deportivas en 42 Concellos.
Distribución dos fondos
Campos Conde quixo distribuír os 20 millóns de euros nos 67 Concellos en base aos criterios totalmente obxectivos, que foron aprobados pola FEGAMP: superficie, poboación, entidades de poboación e o índice de envellecemento. Estableceu un máximo de 500.000 euros e un mínimo de 150.000 euros por municipio para favorecer o rural. En base a isto, os municipios de Negueira de Muñiz e Rábade, que son de menos poboación e superficie na provincia, reciben preto de 190.000 euros; e os de Monforte de Lemos, Sarria, Vilalba, Lugo e Viveiro, con máis veciños e extensión, 500.000 euros.
Plan Único da Xunta en Lugo
Campos Conde defende que o Goberno Provincial na Deputación “ten demostrado que traballa para os mais de 300.000 lucenses dos 67 Concellos da provincia”, pois todas as programacións foron para o conxunto de veciños e municipios, ao tempo que os seus fondos se distribuíron en base a criterios obxectivos ou ben por concorrencia competitiva. Son exemplo disto os 11 millóns de 2016 para o DepuEmprego, Servizo a Domicilio para persoas non dependentes, Plan Enerxético ou as axudas de deportes e cultura…; a maiores do Ben Empregado 3 de 2,5 millóns, o Plan de Mellora de Equipamentos e Infraestruturas no rural de 1,5 millóns, ou as subvención de case 1 millóns para asociacións culturais e clubs deportivos, entre outros plans. O Presidente reclama á Xunta unha programación autonómica, totalmente obxectiva, que garanta investimentos públicos xustos para todos os lucenses.






















Ocorreu escasos minutos despois das 15 horas deste domingo, e foron recollidos pola embarcación Salvamar Shaula, de Salvamento Marítimo. Atopábanse subidos a unha balsa inchable na praia de Basteira, na Pedra (Cariño), foron arrastrados pola corrente e eran incapaces de retornar á beira. Dúas persoas metéronse na auga tratando de rescatalos, sen éxito. Ao final, a embarcación de rescate de Salvamento Marítimo recolleu aos menores e levounos ilesos ata o porto de Cariño. Ademais de a Salvamento Marítimo, desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Gardacostas de Galicia e aos axentes da Garda Civil.
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.



