Lugo, 10 de xullo de 2017. O Deputado de Turismo Eduardo Vidal Baamonde, e o Alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, presentaron este luns, no Salón de Actos do Pazo de San Marcos, a V edición do Festival Cultural “Coa nosa fala”, que se celebra o mércores 12 de xullo no Campo da Cabana de Foz. Este festival naceu para contribuír a promocionar á musica feita en Galicia por músicos galegos. O Goberno da Deputación colabora cun achega económica de 3.000 euros para a celebración desta actividade no Concello de Foz, sendo a única administración impulsora, xunto co Concello, desta iniciativa.
Vidal Baamoonde destacou que “dende o Executivo Provincial colaboramos con esta iniciativa, que nesta edición ten como obxectivo homenaxear o traballo incansable do músico mariñán, Arcadio Mon, falecido o ano pasado. Mon ademais dun gran compositor, foi o fundador da Escola Municipal e da Banda de Música de Foz, polo tanto é un verdadeiro referente para moitos músicos de moitas xeracións da Mariña Lucense”.
“Dende o Goberno da Deputación apoiamos todas as iniciativas que contribúan a poñer en valor a nosa cultura, a nosa música e ás nosas tradicións, e ao mesmo tempo reivindicar o legado dun artista que merece o recoñecemento de todos os seus veciños. Un evento que nesta edición xa cumpre cinco anos e no que esperemos se siga consolidando”, explicou. Ademais Eduardo Vidal convidou a todos visitantes a visitar e descubrir Foz “unha vila que ten verdadeira xoias patrimoniais e naturais, como as súas praias”.
Jorge Javier Castiñeira agradeceu o traballo de todas as asociacións e institucións que apoian esta iniciativa, e remarcou “que esta nova edición será un verdadeiro homenaxe á musica galega e aos autores locais, e ao mesmo tempo contribuirá a a promover a nosa lingua e a nosa cultura”.
O Alcalde de Foz explicou este festival é moi especial en Foz, xa que este ano homenaxéase a Arcadio Mon, fundador deste evento, e no que participarán os catro grupos musicais que actuaron na 1º Edición deste Festival. “Este ano quixemos recoñecer o traballo de Arcadio porque el foi o verdadeiro impulsor deste proxecto, co que quixo reivindicar un espazo para a música galega e os artistas galegos. Por iso decidimos convocar a estes grupos aos que el estaba tan vencellado. Arcadio Mon merece esta homenaxe, a súa aportación musical e cultural é innegable. O pobo de Foz estará sempre en débeda con el”.
Programación
Esta nova edición de “Coa nosa fala”, comezará ás 22:00 horas no Campo da Cabana, e será presentado polo actor e presentador Paco Lodeiro, que tamén quixo sumarse a esta homenaxe. Ao longo da velada actuarán todos os grupos que participaron na I edición deste festival, son concretamente; Escola de Meus, Chingla, Sito Sedes e Tito Calviño, aos que Arcadio Mon estaba moi vencellado.
Arcadio Mon, biografía
Arcadio Mon García (1967-2016), músico e compositor, naceu en Bacoi (Alfoz), no seo dunha familia de intérpretes. Para este compositor a música sempre foi a súa gran paixón, a súa vocación e a súa profesión. Formouse musicalmente na Coruña, onde tocou en numerosas orquestras. Ademais fundou a Escola de Música de Foz e dirixiuna durante anos, e tamén a Banda de Música da localidade. Foi promotor incansable de numerosas iniciativas musicais por toda a Mariña lucense, entre elas o Festival “Coa nosa fala”.








Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
A clientela aproveitou esta cita para facerse con artigos de tempada a prezos moi interesantes. É a segunda vez neste mes de agosto que se celebrou o Comercio na Rúa en Ribadeo. Para a organización desta campaña Acisa contou coa colaboración do Concello de Ribadeo, Comercio Galego e Xunta de Galicia.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.



