O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, o Alcalde de Pol, Lino Rodríguez Ónega, e o exfutbolista galego, Francisco Buyo Sánchez, foron os encargados de descurbir a placa do XXXIV Aniversario da Festa ó Emigrante, que se celebra hoxe no Concello de Pol e na que participan preto de 2.000 persoas. O organismo provincial é o principal patrocinador da cita cunha achega de 6.000 euros, dentro da súa aposta pola celebración de eventos lúdicos e culturais nos diferentes Concellos da provincia, como unha das liñas do seu Plan Estratéxico de Turismo.
