Madrid, 12 de decembro de 2017.- O PSdG-PSOE confirma no Congreso dos Deputados o novo engano e desprezo do Partido Popular cos lucenses sobre o AVE. Así o subliñaron a Deputada Socialista no Congreso pola Provincia de Lugo, Margarita Pérez Herraiz, e o Secretario Provincial electo dos Socialistas lucenses, Álvaro Santos Ramos, tras a Comisión de Fomento celebrada este martes, á que o PSOE presentou varias preguntas ao Goberno Central do PP sobre a intermodal e a chegada do AVE a Lugo. Pérez Herraiz fixo as seguintes preguntas ao Secretario Xeral de Infraestruturas, Manuel Niño, ás que non contestou:
– Coñecendo que segue en vigor o protocolo entre Ministerio de Fomento, ADIF; Xunta de Galicia e Concello de Lugo para a construción da intermodal e da chegada do AVE a Lugo, cuxa existencia previamente negou o PP; cando se vai a convocar a comisión de seguimento obrigatoria deste protocolo?
– Incluirán nos próximos presupostos do estado investimento algún para a conexión da Alta Velocidade entre Lugo e Ourense?
– Incluirán tamén no orzamento 2018 fondos para a construción da intemodal en Lugo que contratou o PSOE e rescindiu o executivo do PP, tendo ata que indemnizar a adxudicataria.
Tras o acontecido, Pérez Herraiz e Santos Ramos destacaron que “vimos de comprobar, una vez mais, que co Partido Popular no Goberno Central e na Xunta de Galicia non vai a haber AVE en Lugo; e que o PP engana e desprecia aos lucenses coa chegada da alta velocidade”.
O PP engana aos lucenses
Os socialistas explicaron que o PP engana aos lucenses porque:
• Levan 6 anos mentindo sobre o Pacto do Obradoiro. En marzo, aseguraron que non había vixente ningún protocolo co Concello de Lugo. Hoxe o Partido Popular, na persoa de Niño, recoñeceu que existe e que segue en vigor o protocolo entre Goberno Central, Xunta, Concello de Lugo e ADIF para a construción da intermodal e a chegada do AVE á provincia. Trátase dun protocolo que impulsou o PSOE no Goberno Central e ao que o Partido Popular fixo caso omiso durante os últimos 6 anos. No protocolo recóllese a obriga de convocar comisións de seguimento, que o PP omitiu; así como a denuncia do mesmo no caso dun incumprimento, máis que evidente por parte do Partido Popular dende o 2011.
• Mentiron sobre o proxecto da intermodal. O Goberno do PSOE deixou contratado o proxecto da construción da intermodal en Lugo, que desapareceu co Partido Popular. Os socialistas no Senado, concretamente Ricardo Varela, preguntaron sobre esta iniciativa ao PP, obtendo por resposta que todo vai en orde. Meses máis tarde constataron, a través de documentación oficial, que o PP xa tiña rescindido este contrato, tendo que pagar ata unha indemnización á adxudicataria. Volvendo a mentir.
• O PP asegura o seu compromiso co AVE a Lugo, así como que os seus compromisos se reflexan nos presupostos xerais do Estado. Nas anteriores anualidades do orzamento non se recolle ningunha partida para o AVE a Lugo. Hoxe tampouco se que comprometeron a incluír PGE 2018 partida algunha para este fin
O PP despreza aos lucenses
Santos e Herraiz apuntaron o desprezo do PP cos lucenses e tamén coa Alta Velocidade:
• O PP fixo que Lugo fose a única provincia á que non vai a chegar o AVE, ao tempo que a converteu na que peores servizos ferroviarios ten
• O PP non atende ás necesidades e ás demandas dos lucenses sobre a Alta Velocidade. Tampouco responde á propia Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, quen solicitou a convocatoria da comisión de seguimento do protocolo de intermodal.
• O PP escúdase na realización de novos estudos, cando estes xa se realizaron, para non asegurar que non ten intención algunha de construír a intermodal e facer chegar o AVE a Lugo, burlándose dos cidadáns. Mentres asegura que está estudando as necesidades en base á demanda deste servizo, recorta os servizos ferroviarios, facendo que non haxa pasaxeiros. “O que está claro é que non pode haber demanda se non hai servizos ferroviarios en condicións”, subliñou Pérez Herraiz.
Clara estratexia do PP
Santos Ramos destacou a clara estratexia do Partido Popular pois “hai unha confluencia do PP en Madrid e Santiago, avalada polo silencio tráxico do PP de Lugo, que enterra a esperanza de que chega o AVE a Lugo. Buscan que o tren que vaia morrendo lentamente e que pareza que non padeza moito, pero sen evitar esa morte da esperanza e do compromiso que o Goberno do PSOE tiña cos lucenses, cando gobernaban os socialistas, había Alta Velocidade para Lugo e as infraestruturas que tamén nos merecemos os lucense” concluíu.


















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



