O concelleiro de Cultura, Ánxel Paleo Soto, explicou que “o próximo martes, día 16, ábrese o prazo para retirar as tarxetas para a cea de coroación do rei do Entroido, que se celebrará o día 27 deste mes na Sala Bahía. Poderanse retirar en días sucesivos ata o remate das prazas na Delegación de Cultura por parte dunha persoa responsable da mesa, previo pago das tarxetas. Non se reservarán telefonicamente nin por outro medio. O prezo será o mesmo que os anos anteriores, 25 euros por persoa”. Ánxel Paleo engadiu que “a cea estará amenizada por Disco Moraima e dende a organización agradecemos que todos os asistentes acudan disfrazados”.










Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



