Lugo, 28 de xaneiro de 2018. O Deputado de Cooperación cos Concellos e Medio Ambiente, Argelio Fernández Queipo, informou sobre o anteproxecto que Deputación de Lugo, Principado de Asturias e 16 Concellos galegos e asturianos presentaron ao Goberno Central, concretamente a responsables do Ministerio de Medio Ambiente nunha reunión que mantiveron en Madrid cos mesmos, para a xeración da Gran Senda do Navia.
Trátase dun grande espazo natural de 428 quilómetros, seguindo o curso do Río Navia e discorrendo por 7 Concellos de Lugo (Negueira de Muñiz, A Fonsagrada, Navia de Suarna, Cervantes, Becerreá, As Nogais e Pedrafita do Cebreiro) e 9 de Asturias (Allande, Boal, Coaña, Grandas, Ibias, Illano, Navia, Pesoz e Villayón).
O anteproxecto presentado implica a dotación dunha senda peonil e cicloturista nesta grande zona natural, que conta con importantes recursos patrimoniais, culturais, etnográficos… ademais de conectar cos Camiños Francés, Primitivo e Norte, así como co Camiño Natural da Cordillera Cantábrica ou co Sendeiro da Cornisa Atlántica.
Fernández Queipo destacou que “con este iniciativa, Deputación, Principado de Asturias e Concellos, sumamos esforzos para xerar riqueza a través do turismo e do medio ambiente, aproveitando e poñendo en valor o sen fin de recursos únicos cos que conta nesta fermosa e ampla zona. É unha oportunidade única para facer fronte ao despoboamento demográfico que sufrimos e dinamizar a economía local”.
O Deputado, tamén Alcalde da Fonsagrada, explicou que “presentamos este anteproxecto ao Goberno Central na busca da súa colaboración, como administración coas competencia na materia. Queremos concorrer ás axudas do programa estatal Camiños Naturais, tendo en conta que para o seu desenvolvemento é preciso acadar un financiamento duns 4,2 millóns de euros. Necesitamos uns 10.000 euros por quilómetro para levar a cabo tarefas de sinalización, desbroce, acondicionamento de áreas de descanso, melloras no firme das estradas, en canalizacións, traídas de auga ou en saneamentos, ou reconstruír infraestruturas existentes, entre outros traballos”.
Posta en valor de recursos únicos no rural
Os Gobernos de Deputación, Principado de Asturias e dos 16 citados Concellos decidiron poñer en marcha esta iniciativa pola oportunidade económica única que supón, nunha firme aposta conxunta polo medio ambiente e o turismo. A senda establecería unha tripla conexión coas rutas de peregrinación a Santiago, concretamente cos Camiños Francés, Primitivo e Norte, así como co Camiño natural da Cordillera Cantábrica e co Sendeiro da Cornisa Atlántica. Ademais, suporía a posta en valor de atractivos etnográficos, patrimoniais ou naturais de ditos 16 Concellos. Por exemplo:
en Negueira de Muñiz, do encoro de Salime, determinado como Zona de Especial Conservación Negueira-Rede Natura 2000, da área recreativa da Virxe da Veiga, da aldea de Ernes ou da Feira do viño. Na Fonsagrada, da seimeira de Vilagocende e das de Queiroxo (ruta); do castro de Castañoso, fortaleza da Pobra de Burón, Camiño Primitivo, dolmen ou dos restos do antigo hospital de peregrinos de Montouto. En Navia de Suarna, da fortaleza medieval e ponte medieval sobre o río Navia, área recreativa do Navia, cabanas de pan do Zarco, porto Ancares. En Cervantes; do castro de Santa María, castelo de Doiras, fortaleza de Quindós, aldea de Piornedo, igrexa de Donís, rutas como a de Tres Bispos e a do pico Mustallar. En Becerreá, ponte de Gatín, pertencente á vía romana XIX, o Mosteiro de Santa María de Penamaior, a ruta Quintá- Río Donsal, a ponte de Cruzul, a Zona de Especial Conservación Cruzul-Agüeira ou os bosque dos Grobos. Nas Nogais, as Torre de Doncos e de Torés, igrexa de San Andrés, pazo de Doncos, rutas de sendeirismo varias e Zona de Especial Conservación Cruzul-Agüeira, incluída na Rede Natura 2000). En Pedrafita do Cebreiro, Camiño Francés, a aldea do Cebreiro, ou o monumento ao peregrino no alto de San Roque.
Características do anteproxecto
O anteproxecto implica o deseño dunha ruta que aproveita os camiños tradicionais existentes e enlaza con diferentes recursos turísticos de carácter patrimonial, natural, arquitectónico e etnográfico; buscando en todos os casos os mínimos custos de construción e mantemento. Ademais, a Gran Senda do Navia busca atravesar o maior número de aldeas posible, sempre preto do canle do río Navia, cos menores desniveis posibles e conectando lugares de interese ou singulares. Por exemplo, poderanse crear sendas ás dúas marxes do río e incluso realizar enlaces entre ambas as dúas marxes a través da construción de pasarelas, pontes ou presas.
Entre as intervencións máis urxentes á realizar no territorio destacan a instalación de sinalización horizontal e vertical; desbroces, mellora das áreas de descanso, canalizacións, traídas de auga e saneamentos; mellora do firme de estradas ou reconstrución de infraestruturas xa existentes, entre outros.









Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
A clientela aproveitou esta cita para facerse con artigos de tempada a prezos moi interesantes. É a segunda vez neste mes de agosto que se celebrou o Comercio na Rúa en Ribadeo. Para a organización desta campaña Acisa contou coa colaboración do Concello de Ribadeo, Comercio Galego e Xunta de Galicia.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.



