Dentro do programa de obradoiros e actividades que ofertamos no Nadal no Museo Provincial do Mar de San Cibrao este mércores 3 de xaneiro, levamos a cabo a actividade Á LUZ DO CANDIL. Participaron integrantes do noso Club Pequeamig@s que descubriron os diversos medios que ao longo da historia usamos os persoas para alumarnos, coñeceron a utilidade que nesta actividade humana tivo omar, que proporcionaba cunchas para facer lámpadas de aceite, aceite de balea como conbustible das mesmas e espermaceti para conquerir as candeas con maior poder lumínico. Para participar nestes obradoiros, como sempre totalmente gratuítos, só é necesario inscribirse no propio museo, chamar por teléfono ou a través do correo
electrónico museodomar@museolugo.org.
