BURELA, 27 de xaneiro de 2018.- O Partido Popular de Burela advirte que a repercusión da presenza do Concello en Fitur para Burela “será igual a 0”, pois a entidade local, representada polo alcalde e o concelleiro de turismo, non presentou ningunha iniciativa relevante destinada á promoción do municipio. Concretamente, a súa asistencia, “que non participación”, limitouse, segundo indican os populares, “á recepción dunha visita esporádica de Cabo Verde, aproveitando que estes pasaban por alí”.
Neste senso, dende o grupo municipal lamentan non poder facer unha valoración positiva, sinalando, deste xeito, que a presenza dos representantes do Concello “foi inútil” e custosa para as arcas municipais. “Foron dúas persoas e resulta que nin houbo presentacións sobre o noso municipio, nin se amosou material divulgativo sobre o mesmo, nin se organizaron encontros con turoperadores…”. Por este motivo, e dada “a inoperancia da estancia”, consideran que os custos da viaxe deberían “ser pagados do seu peto”.
Esta cuestión é a que leva ao PP a afirmar que o rexedor e o edil “foron a Madrid de paseo”. “Parécenos ben que visen Fitur, pois é unha feira internacional moi interesante, pero, precisamente por isto mesmo, temos que lamentar que non aproveitasen a ocasión para poñer a Burela no mapa turístico, sobre todo, porque temos recursos dabondo para facelo, e que ben deberían merecer o recoñecemento dos dirixentes locais”, destacan.
Planificación con Turgalicia
Con fin de evitar unha situación semellante, “e sempre dende unha perspectiva construtiva”, instan á entidade local a planificar conxuntamente con Turgalicia a participación do vindeiro ano para realizar unha exposición ben organizada que verdadeiramente dea a coñecer os importantes recursos paisaxísticos, patrimoniais e turísticos dos que dispón a localidade mariñana.






A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.