O Valadouro, 17 de febreiro 2018. Desde o BNG do Valadouro fanse eco das moitas queixas recibidas de veciñas e veciños polo mal estado no que se atopan moitos viais despois da saca de madeira dos montes por parte de empresas do sector. Según o BNG, esto repítese ano tras ano sen que desde a alcaldía se actúe, por eso instan a ésta a controlar as tarefas de carga e descarga e almacenamento de madeira sobre viais municipais e a facer un seguimento das talas e extracción de madeira dos montes co obxecto de controlar ás empresas madeireiras a reparar os danos producidos nos viais, derivados dos traballos de tala, depósito, almacenamento e transporte.
Desde o BNG fan referencia tamén ás queixas veciñais polo corte de camiños públicos durante varios días, impedindo o acceso polos mesmos a outros usuarios, e aseguran tamén que as empresas madeireiras, no caso do Valadouro, nunca reparan ao cen por cen o dano feito, limitándose en moitos casos simplemente a “achaar a lama”, pero sen reparar o firme dos viais.
O portavoz do BNG traslada esta situación á alcaldía para actuar desde o concello na procura dunha solución
Eduardo Chao González, portavoz do BNG no Valadouro e tamén tenente alcalde manifestou que estes feitos reprodúcense todos os anos, e polo tanto vai trasladarlle ao alcalde esta situación para que exixa o cumprimento da normativa. “Os traballos de tala e saca de madeira, moi importantes para a economía das veciñas e veciños do concello, teñen que ser tamén compatibles co mantemento en bon estado de camiños e viais municipais, e para eso é necesario facer cumplir as normativas ao respecto”, manifestou Eduardo Chao.
Según o BNG, desde alcaldía debe aplicarse unha Ordenanza reguladora do uso e aproveitamento especial de vías públicas e espazos de titularidade municipal, que xa se está aplicando noutros concellos da comarca.