Mondoñedo 24-3-18. Dende o luns 26 de marzo vaise levar a cabo un curso para formación de desempleados no manexo de motoserra, técnicas de trepa e tractor, entre outras destrezas necesarias para ter acceso aun posto de traballo nun dos sectores máis productivos da comarca, o forestal. Tamén se vai aprenderá sobre o manexo de procesadoras e autocargadores forestales.
Con esta finalidade abrimos unha segunda inscripción o luns dia 26 de marzo ás 10:00 para todos aqueles interesados en obter os conocementos necesarios para traballar neste sector, e que cumpran os requisitos mínimos de acceso de posuir título de ESO; certificado de profesionalidade de nivel 1 da mesma familia ou certificado de profesionalidade de nivel 2; ter os requisitos de acceso a un ciclo formativo de grao medio ou ter superadas as probas de acceso correspondentes; ter as competencias clave en lingua castelá, en lingua galega e en matemáticas; ter superada a proba de acceso á Universidade para maiores de 25 anos ou 45 anos.
O perfil dos aspirantes prioritariamente persoas desempregadas inscritas nas oficinas do Servizo Público de Emprego. Poderán participar ata un 25% de persoas traballadoras, de conformidade cos artigos 27 e 28 da Orde do 7 de marzo de 2017.A demanda de maquinistas de procesadora e autocagardor forestal e cada vez maior polas empresas de explotación forestal. É un oficio en auxe xa que son necesarios coñecementos de tala, mecánica, hidráulica e sobre todo pilotaxe dunhas máquinas que teñen uns costes por hora moi elevados e nas que hai que dar un bo rendimento para aforrar costes no monte.
A formación nesta profesión e unha carencia moi xeneralizada en todo España. Non existen escolas que formen maquinistas forestales como tal e os cursos que se imparten do oficio non saen regularmente, polo que inscribirse o dia 26 de marzo ás 10:00 no IES plurilingüe san rosendo é una oportunidade única, non só para formarse nun sector de gran demanda senon tamén para atopar un traballo moi ben pagado.






















A mostra, aberta na sala de exposicións do Auditorio Municipal de luns a venres entre as 18:00 e as 22:00 horas, reúne preto de 30 obras de artistas emerxentes e consolidados, ofrecendo diversas miradas sobre a paisaxe, a identidade, a memoria e a realidade contemporánea. A alcaldesa, Marta Rouco, destacou o valor de que Vilalba forme parte desta programación compartida e o impacto positivo que supón para a actividade cultural local.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A saída será ás 10:00 desde El Bao, con autobuses ás 9:00 desde Navia, e a chegada arredor das 16:30 seguida dunha festa na dársena. As inscricións estarán abertas do 31 de maio ao 12 de xuño na Casa do Deporte ou en liña por 7 €. O Concello anima a participar nesta cita que combina natureza, deporte e convivencia.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



