Burela 24-3-18. O Pescados Rubén Burela FS deu un gran paso esta tarde na súa pelexa de play off ante un rival directo como Puertollano (3-6), con tres puntos que lle outorgan a cuarta praza (45 puntos), empatado con Antequera. “Foi un partido durísimo ante un rival completo e moi ordenado. Con estes tres puntos recuperamos as boas sensacións fóra da casa grazas a un gran traballo de todo o equipo, manténdonos fieis á formulación de inicio” declaraba o técnico Juanma Marrube, tras unha cita na que os galegos conseguiron levar sempre a batuta no electrónico cunha recta final emocionante.
Nuns compases iniciais moi igualados entre dous equipos con boa presión e querendo ter a pelota, o Pescados Rubén tomou vantaxe cun disparo escorado de Hélder, no minuto 12. Javi Rangel e Dani Colorado tiveron as mellores para empatar, pero foi de novo o cadro galego o máis efectivo cun contragolpe culminado por Víctor, a dous para o descanso. Dani Colorado, bloqueado por Edu, e Anuar Maimon, rozando o pau, erraron antes da bucina.
Os pupilos de Juanma Marrube ampliaron a fenda no 28, con Renato tras saque de esquina de Víctor. Parecía todo ben encamiñado para os burelistas. No minuto 32 Nano saíu como porteiro xogador ante un Pescados Rubén impecable en defensa cun gran Edu baixo paus. Chus tamén liderou en certos compases o xogo de cinco burelista. Viviu o Antonio Rivilla unha recta final de tolemia; cada paso diante dos locais pola remontada era neutralizado por unha nova diana laranxa. Dani Colorado meteu o Puertollano na pelexa a falta de 4’30” minutos, pero apareceu Luisma, rubricando o 1-4, desde saque de esquina. A intención de reactivarse de novo para o conxunto local co 2-4 de Lluc (36) tocando en Pope foi un espellismo; recibindo un pase longo, Hélder (37) soubo temperarse para subir o 2-5. Alta tensión ata o final; o 3-5 de Dani Colorado tocou a tecla finalizadora do Pescdos Rubén, co definitivo 3-6, co segundo da tarde para Luisma.
Ficha técnica
Puertollano FS: Arenas, Nano, Manu Orellana, Lluc, Dani Colorado, cinco inicial; tamén xogaron Anuar Maimon, Javi Rangel, Álex Durán, Joan Guardiola, Fernando, Joaki
Pescados Rubén Burela FS: Edu, Chus, Colacha, Renato, Pope, cinco inicial; tamén xogaron Héctor, Víctor, Hélder, Luisma
Goles: 0-1, minuto 12, Hélder; 0-2, minuto 18, Víctor; 0-3, minuto 28, Renato; 1-3, minuto 35, Dani Colorado; 1-4, minuto 36, Luisma; 2-4, minuto 36, Lluc; 2-5, minuto 37, Hélder; 3-5, minuto 38, Dani Colorado; 3-6, minuto 39, Luisma
Árbitros: Bustos Caparrós // Ugarte Ruiz (Colexio Andaluz). Por Puertollano, amarela para Anuar Maimon. Por Burela amarela a Pope, Luisma, Héctor, Renato (dobre amarela)
Incidencias: Partido correspondente á xornada 25 de Segunda LNFS, disputado no pavillón Antonio Rivilla






















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 
