Foz, 6 de maio, 2024. A data inicial (5 de maio) suspendeuse polo mal tempo.
PROGRAMA
Ás 10:00h apertura do mercado
– Ás 11:00h pasarrúas a cargo de “Os Petapouco”, percusión da Comparsa Ruxe Ruxe de Vilaronte
– Ás 11:30h Charla “Placas solares fotovoltaicas e interpretación de facturas de electricidade” a cargo de Damián Sánchez Bermúdez (Inxeñeiro Técnico Industrial Colexiado Nº 907-CEO de Sonova SCG) e José Luis Montiña Martín (Técnico especialista en contratos de enerxía-CEO de Insogal). A charla celebraráse no antigo Bar de Vilaronte.
– Ás 12:15h pasarrúas a cargo do Grupo Tradicional “Os Lambós”.
– Ás 12:30h Obradoiro para nen@s
– Ás 12:30h “Cata Vermut Arnao” a cargo de Iago Rivas (Brand Ambassador Arnao Vermut). A Cata terá lugar na Terraza de Brais.
– Ás 13:30h Sesión Vermut co grupo “Los Alcántara”
– Ás 16:30h o Mago Martín Camiña presentaranos un dos seu espectáculos.
– Ás 18:00h Concerto Musical a cargo do grupo “Toxo Guayaba”. A mediodía contarase con xamón, churrasco e polbo a cargo de Pulpería Suso
























A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



