As catalanas logran manter a permanencia en Primeira División con esta vitoria que rompe a racha sen derrotas das mariñanas nesta tempada
Burela, 4 de maio, 2024. Ás 16.00h desta tarde, no Pabelló UCP-Campus Nord, de Lles Corts (Barcelona), disputábase o partido da xornada 26 de Primeira División Iberdrola FS, A.E. Lles Corts-UBAE – Pescados Rubén Burela FS, cun resultado final 6-4. Nunha primeira parte dominada polo conxunto catalán durante os primeiros 10 minutos e con altibaixos durante os últimos 10 por parte de ambos conxuntos, moita emoción, oportunidades e goles na que as mariñás chegan a estar en dúas ocasións con dous goles de desvantaxe, unha voraz Irene Samper salva o primeiro tempo con dous goles que lles deixan a un tanto de distancia ao descanso. Noutra segunda parte frenética, comeza con 10 minutos de calma, sen goles, e de novo vivimos uns últimos 10 minutos nos que se anotan un total de 6 goles entre os dous equipos e nos que as catalás demostran o seu potencial ante un conxunto visitante que non logra superar ao seu rival. Con catro tantos de Irene Samper nos 40 minutos de paritdo e hat trick de Luci nos últimos 10.
Con problemas técnicos na retransmisión durante os primeiros minutos, ábrese o sinal no minuto 6 e o Lles Corts anota o primeiro gol do partido, un tanto de Laura Oliva nun saque directo nunha falta moi perigosa para o conxunto rival. Un minuto despois de novo Martita anota o segundo, un golazo por toda a escuadra nun disparo afastado. Continúa dominando o conxunto local ante un Pescados Rubén Burela FS despistado. Empeza a espertar o conxunto de Julio Delgado no minuto 11 cunha primeira oportunidade clara nun disparo cruzado ao pau de Irene Samper. Pero as barcelonesas continúan apertando e xerando oportunidades, unha de Laura Torres no minuto 13 que lanza de lonxe rozando o pau. Na seguinte xogada por parte do Burela, Irene Samper consegue o 2-1 nun rexeite tras un bo lanzamento de Cami que detén a porteira local. Outra clara que detén Irati, cun disparo de Patricia a pase de Cilene tras unha moi boa recuperación da veterana brasileira en campo contrario. Pero cando parecía que as Guerreiras comezaban a remontar, Laia Rojo anota o 3-1, un golazo similar ao segundo de Martita, cun disparo afastado que entra por toda a escuadra. Pero un equipo que non sabe renderse continúa buscando o gol, atopándoo de novo Irene Samper no minuto 19 cun gol desde o segundo pau nunha boa combinación con Antía Pérez que lla coloca perfecta. Detén Ana Eliza un último disparo a porta de Lles Corts desviándoa á banda. Tras un tempo morto para o equipo de Robert Caneda chega o descanso sen máis oportunidades.
Na segunda parte comeza atacando o conxunto local ante un cambio de portería no conxunto de Julio Delgado que decide poñer a Ester, xogadora xuvenil da base do conxunto mariñán, baixo paus durante esta segunda parte. Sen tiros a porta durante os primeiros minutos, chega a primeira no 24 Luci cun tiro cruzado desde dentro da área que dá no pau e salva Cami despexándoa. Disparo fóra de Antía Pérez cun lanzamento raso que se vai rozando o pau no minuto 26. Un minuto 30 frenético comeza co hat-trick de Irene Samper, un golazo nunha boísima xogada individual que empata o partido pero segundos despois Luci cóalla a Ester nunha transición. Sae presionar o conxunto burelense con Cilene de porteira-xogadora buscando de novo o empate, pero no minuto 33 Luci cóaa entre os paus picándoa por encima de Ester e poñéndollo máis difícil ás invictas burelenses. No minuto 36 unha enchufadísima Irene Samper anota o cuarto desde a área a pase de Patricia. Continúan presionando as mariñás con xogo de 5 pero chega o 6-4 final, un tanto de Luci a portería baleira no minuto 37. O Burela presiona con porteira-xogadora ata o último minuto xerando moito perigo pero non logrando empatar o encontro, que remata coa primeira derrota do conxunto galego no que vai de tempada.
As Guerreiras volven a Burela para disputar a semana que vén o seu penúltimo partido de Liga nunha Xornada Laranxa en Vista Alegre, cun primeiro partido ás 10.00h que elas mesmas disputarán ante o MRB Móstoles, partido que será retransmitido por Teledeporte e ao que se espera gran afluencia, ante un rival de categoría.
Pola tarde, ás 18.45h poderán asistir ao último encontro da xornada de Segunda División de Futsal para o equipo masculino, un dos encontros máis complicados da tempada, que tamén se disputará en Vista Alegre, ante un UMA Antequera que non deu opcións aos burelenses a ese segundo posto na táboa esta tarde ante o Ibiza.
Ficha Técnica A.E. Les Corts-UBAE 6-4 Pescados Rubén Burela FS
A.E. Les Corts-UBAE (6): Irati; Laura Torres, Júlia, Paula, Aina -cinco inicial-, Luci, Laia Rojo, Nati, Sìlvia, Noe, Martita, Laura Olivo.
Pescados Rubén Burela FS (4): Ana Eliza; Cami, Irene Samper, Rafinha, Patricia- cinco inicial-, Dany, Cilene, Antía Pérez, Aroa, Noelia Montoro, Ester. Entrenador: Julio Delgado.
Goles: 1-0, min.6: Laura Oliva. 2-0, min.7: Martita. 2-1, min.13: Irene Samper. 3-1, min.17: Laia Rojo. 3-2, min.19: Irene Samper. 3-3, min.30: Irene Samper. 4-3, min.30: Luci. 5-3, min.33: Luci. 5-4, min.36: Irene Samper. 6-4, min.37: Luci.
Árbitros: Francesc García-Donas, Iván López, Pablo Villaescusa, César Álamo.
TA: .Laia Rojo, Antía Pérez






















Ocorreu escasos minutos despois das 15 horas deste domingo, e foron recollidos pola embarcación Salvamar Shaula, de Salvamento Marítimo. Atopábanse subidos a unha balsa inchable na praia de Basteira, na Pedra (Cariño), foron arrastrados pola corrente e eran incapaces de retornar á beira. Dúas persoas metéronse na auga tratando de rescatalos, sen éxito. Ao final, a embarcación de rescate de Salvamento Marítimo recolleu aos menores e levounos ilesos ata o porto de Cariño. Ademais de a Salvamento Marítimo, desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Gardacostas de Galicia e aos axentes da Garda Civil.
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



